Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (1334/1999).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no rolo do que se fará mención se dictou resolución que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte:

Sentencia.

No recurso de apelación civil 1334/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, co nº 0261/1999 e 249/1996 acumulados, sobre acción de deslinde, negatoria de servidume e outros extremos, entre partes, dunha e como demandante no primeiro preito e demandado no segundo, apelante Secundino González Fernández, e doutra e como demandados apelados no primeiro preito e demandantes no segundo apelados María Rosario Álvarez Trigo, María Sergia Trigo Lema e Marina Álvarez Trigo, como demandados apelados no primeiro apelados Manuel Álvarez Trigo e José Luis Álvarez Trigo, como demandados apelados no segundo preito Emilia García González, Inés Lareo e herdeiros de Jesús González Tejo e persoas interesadas. Foi relator o maxistrado José María Sánchez Jiménez.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, debemos confirmala e confirmámola con imposición ó apelante das custas por el devengadas.

E para que conste, en cumprimento do acordado e lle sirva de notificación ós rebeldes Manuel e José Luis Álvarez Trigo como herdeiros de José Álvarez Constela, a Emilia García González, Inés Lareo e herdeiros de Jesús González Tejo e persoas interesadas, expido e asino o presente edicto na Coruña o 30 de marzo de 2000.

O secretario

Rubricado