Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (24/2000).

Eu, María Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia (A Coruña), fago saber que nos autos de expediente de dominio número 00024/2000, seguidos neste xulgado por instancia do procurador Rafael Lamas González, en nome e representación de José Pazos Creo e Isabel Posse Queiro, contra Ministerio Fiscal, Francisco Roo Baña, herdeiros de Dolores Romero Aneiros e persoas ignoradas, por inmatriculación do seguinte predio.

Predio sito en Malecón de San Lázaro, nº 17, de Noia, con superficie de 220 m que ten como lindes: norte, rúa Malecón; sur, rúa Andrés Rodríguez Millares; oeste, soar de Francisco Roo Baña e leste, rúa Andrés Rodríguez Millares.

No dito predio hai unha vivenda unifamiliar de 122 m de planta, propiedade dos promoventes, composta de baixo, dúas plantas e baixo cuberta.

Á dita edificación únese unha construcción menor de 63 m de planta baixa, na cal vén funcionando un local con licencia especial (disco-bar) desde hai máis de quince anos coa denominación Va Bene. Igualmente se une a ámbalas construccións un pequeno xardín de 35 m pechado cun muro.

Por providencia desta data admitiuse a trámite o expediente, ó cumpriren os requisitos legais, acordándose empraza-los lindantes do predio a que se refire o presente procedemento e as persoas ignoradas para que, no prazo de dez días poidan comparecer ante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

Así mesmo, acordouse a publicación de edictos no DOG, no xornal La Voz de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Noia e no deste xulgado.

E para que sirva de emprazamento, expido o presente edicto en Noia o vintecatro de marzo de dous mil.

A xuíza

Rubricado