Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 11/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Auto.

En Santiago de Compostela o 28 de marzo de 2000.

Feitos.

Único.-Con data do 16 de marzo do 2000, dictouse resolución no procedemento de xuízo de faltas nº 11/2000, na que na súa parte dispositiva se fixo constar como condenado a Ramón Dios Romero, cando nese procedemento o condenado é Claudio Vladimiro Mato

DISPOÑO:

Rectifícase o erro material manifesto sufrido ó transcribi-la resolución con data do 16-3-2000, no sentido de facer constar como condenado a Claudio Vladimiro Mato e non a Ramón Dios Romero.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de reforma ante este xulgado, que debe interporse no prazo de tres días.

Así o acorda, manda e asina Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Claudio Vladimiro Mato, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado