Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE OURENSE

EDICTO (174/2000).

Nos autos nº 174/2000 que se tramitan neste xulgado por instancia da central sindical Confederación Intersindical Galega, contra a central sindical Unión Xeral de Traballadores, a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a central sindical Comisións Obreiras, sobre impugnación de convenio colectivo, Francisco Javier Blanco Mosquera, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número un de Ourense, dictou sentencia con data do 5 de abril de 2000, que na súa parte dispositiva di:

«Decido que estimando a demanda formulada pola central sindical Confederación Intersindical Galega contra a central sindical Unión Xeral de Traballa

dores, a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a central sindical Comisións Obreiras, debo declarar e declaro a nulidade, na súa dimensión estatutaria, do convenio colectivo provincial para o sector de industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, para os anos 2000-2002, BOP de Ourense do 3 de marzo de 2000, sen prexuízo da súa validez como convenio impropio ou extraestatutario, condenando os demandados a estaren e pasaren por esta declaración. Dado o carácter executivo da presente resolución comuníqueselle de inmediato á autoridade laboral e publíquese esta no BOP e no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo do recurso que poida emprenderse contra ela.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes e ó Ministerio Fiscal, advertíndoos de que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días hábiles seguintes ó da notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de publicación da anterior sentencia, expídese este edicto en Ourense o seis de abril de dous mil.

A secretaria

Rubricado