Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (2171/1998).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico:

Que no rolo do que se fará mención se dictou resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, constituída por Ángel María Judel Prieto, presidente. Miguel Herrero de Padura, Dámaso Brañas Santa María, maxistrados.

En nome de El-Rei pronunciou a seguinte sentencia:

Na Coruña o vinteoito de xaneiro de dous mil.

No recurso de apelación civil 2171/1998, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número dous

da Coruña, sobre reclamación de cantidade, entre partes, dunha e como apelante, Lourdes Benigna Albor Calviño, representada pola procuradora Sra. Román Masedo e defendida pola letrada Sra. Castro López e, da outra e como apelados, Josefa Martínez Boquete, representada polo procurador Sr. Pardo Fabeiro e defendida polo letrado Sr. Míguez Caxade, Antonio Martínez Boquete, Manuel Martínez Boquete e as persoas descoñecidas e incertas con dereito á herdanza de José Luis Martínez Boquete estes últimos en situación procesual de rebeldía. Foi relator Ángel María Judel Prieto.

Decidimos que, estimando en parte o recurso de apelación interposto contra a sentencia do 27 de decembro de 1997, dictada polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña nos autos 788/1996, revogamos tal resolución e, no seu lugar, acollendo parcialmente a demanda rectora, declarámo-la obriga dos demandados a lle aboar á Sra. Albor Calviño a cantidade de 1.475.000 pesetas mailos xuros legais desta suma desde o día 14 de outubro de 1996, e con aplicación do artigo 921 da Lei de axuizamento civil desde esta data, sen especial imposición das custas de ámbalas fases do procedemento.

E para que lles sirva de notificación ós rebeldes Antonio Martínez Boquete, Manuel Martínez Boquete e ás persoas descoñecidas e incertas con dereito á herdanza de José Luis Martínez Boquete, expido e asino este edicto na Coruña o vintenove de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado