De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de xuño de 1999 (BOE do 7 de xullo), para a provisión da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de farmacoloxía, do departamento de Farmacoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Francisco Orallo Cambeiro e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Orallo Cambeiro catedrático de universidade da área de coñecemento de farmacoloxía, do departamento de Farmacoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.
F. Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela