Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.081

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 7 de abril de 2000 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 2 de febreiro de 2000 (BOE do 23 de febreiro) e, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 351/1997, do 9 de decembro, 227/1998, do 10 de xullo, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los notarios que a seguir se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

-José Manuel Gómez Varela, notario de Baiona, 3ª, para a notaría de Ponteareas (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais