Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 17 de abril de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería

de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, pola Orde do 10 de febreiro de 2000 (DOG nº 41, do 29 de febreiro), e no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Declarar deserta a citada convocatoria.

Segundo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria