Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.078

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación, convocado pola Orde do 19 de novembro de 1999 (DOG do 29).

En aplicación do disposto na base décimo quinta da Orde do 19 de novembro de 1999 (DOG do 29), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo a esta resolución, a adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola Orde do 19 de novembro de 1999 (DOG do 29).

Segundo.-A toma de posesión dos destinos acadados neste concurso terá efectos do 1 de setembro de 2000.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal