Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.077

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por Orde do 15 de marzo de 1999 e 15 de abril de 1998, en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 17 de abril de 2000 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida nas ordes do 15 de marzo de 1999 e 15 de abril de 1998, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos proce

dementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por ordes do 15 de marzo de 1999 (DOG do 22) e do 15 de abril de 1998 (DOG do 24), conforme recolle o anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección.

Segundo.-Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segunda segundo corresponda.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario:

* Filosofía, grego, latín, lingua castelá e literatura, francés e lingua e literatura galegas:

Presidente: Hermida García, Modesto.

Vocais:

Freire Camaniel, José.

Lozano Paz, Moisés.

Garrido Castromán, Josefa.

Yebra Pimentel Rodríguez, M. Isabel.

* Música e psicoloxía e pedagoxía:

Presidente: Porral Mato, Rodrigo.

Vocais:

Baliñas Pérez, María del Carmen.

Paredes Durán, Juana María.

Quintela Viña, Encarnación.

Sanz Lobo, María Dolores.

* Tecnoloxía e educación física:

Presidente: Reboredo Lavín, Manuel.

Vocais:

Souto Castro, Manuel Martín.

Torrijos Redondo, Mari Cruz.

García Gamallo, Carlos.

Vázquez Barca, Jesús José M.

* Debuxo, matemáticas e bioloxía:

Presidente: Álvarez Lata, Fermín.

Vocais:

Boo Feijóo, José Manuel.

Ávila Durán, Pedro.

Bermúdez Naveira, Andrés.

Pereira Soto, María Esther.

* Área: formación profesional específica:

Presidenta: Amoedo Barciela, Elisa.

Vocais:

Botana Caeiro, Andrés.

Cameo Chenlo, José Ignacio.

García Lasanta, M. Dolores.

García Seco, José.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Cela Castro, Manuel.

Vocais:

García Lema, Antonio.

Quintáns Couselo, José Manuel.

Rodil Álvarez, Félix.

Torres Gago, José Antonio.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Presidente: Varela Vázquez, Carlos.

Vocais:

Fernández Estévez, María de la O.

Valerio Arias, Paulo Manuel.

Maciñeiras Montero, Carmen.

Lorenzo Rego, Engracia.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Durán Alonso, Juan.

Vocais:

Cabo Messeguer, Julio.

Cedrón Fernández, Javier.

Vázquez García-Serrano, José.

Vales González, Andrés.