Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU184/1999C por infracción da Lei de caza (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xullo).

Noméase instructora do expediente a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigo 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18, 5º, formular alegacións, achega-los documentos que considere convenientes na súa defensa e propoñer probas concretando os medios de que pretenda valerse.

De non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 29 de marzo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 184/99C.

Denunciado: Magín Murias Beneítez.

DNI: 34.535.516.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Chaudecurra, nº 5, A Veiga. Ourense.

Feito denunciado: non atoparse situado no seu posto nunha batida, unha vez iniciada esta.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: de 10.000 a 100.000 pesetas.