Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e seguridade das instalacións da sede da AGS.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 32.010.000 ptas. (IVE incluído)

5. Garantía provisional: 640.200 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións que se xunta, no rexistro da AGS das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: trece e trinta horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 14 de abril de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade