Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de abril de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, os acordos de incoación de expedientes administrativos de desafiuzamento 1 e 2/2000. Ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, os acordos de incoación dos correspondentes expedientes administrativos de

desafiuzamento que, cos números que se indican se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real Decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, de 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transocrrido o dito prazo darase por realizado o trámite, seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido,en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 3 de abril de 2000.

María Teresa Morán Calero.

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº de expediente de desafiuzamento: 1/2000 (ocupación s/título).

Adxudicataria: Hipólita Prada Méndez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: avenida Castelao, bloque 36, P-10, 2º D, Polígono de Caranza (Ferrol).

(Expediente C-103-CD/67, conta 32).

-Nº de expediente de desafiuzamento: 2/2000 (ocupación s/título).

Adxudicatario: José Fernández Vigo e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Armada Española, bloque 29, P-3, 8º B (Ferrol).

(Expediente C-109-CD/67, conta 51).