Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de caza OU44/1999C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 2091-0388-90-3110001181. da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 29 de marzo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 44/1999C.

Denunciado: Nilo López Conde.

DNI: 34.954.511.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa San Paio, 18-3º Ourense.

Feitos probados: deixar soltos durante máis de 50 minutos dous cans de caza, razas sabuxo e grifón, en terreos cinexéticos, en época de veda.

Precepto infrinxido e sancionador: artigos 57.24 da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 pesetas.