Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 359, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:
Denominación: monte do Gato.
Comunidade: parroquia de Ois.
Concello: Coirós.
Superficie: 12,98 ha.
Estremas:
Procede do monte Gato, nº 27 do C.U.P.
Norte: montes de propiedade de Lidia Pérez López, Angélica Pérez López e outros. Leste: Carmen Platas Sánchez, Julio Rodríguez Cadaveira e outros. Sur: José Barral Piñeiro, Ignacio Ares Carro e outros. Termo do concello de Aranga. Oeste: Hrdos. de Ramón Pato García, Gabriela Tomé Pato e outros.
En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.
A Coruña, 14 de febreiro de 2000.
Ana María Díaz López
Secretaria do Xurado Provincial de Montes
Veciñais en Man Común da Coruña
Visto e prace
Alfonso Vázquez-Castro Garma
Instructor