Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 358, de clasificación do monte Sieiras, Bornalle e Rateira, pertencente ós lugares de Bornalle, Vilar, Priegue e Pazo, parroquia da Abelleira, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 358, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Sieiras, Bornalle e Rateira.

Comunidade: Bornalle, Vilar, Priegue e Pazo.

Parroquia: A Abelleira.

Concello: Muros.

Superficie: 268,40 ha.

Estremas:

Parcela 1. Monte Sieiras. Superficie 102 ha.

Procede do monte Sieiras, nº 136 do C.U.P.

Norte: remata en punta, no piquete 1 do deslindamento. Leste: do piquete 1 ó 128, seguindo a liña descrita no esbozo incorporado ó expediente, con máis monte Sieiras. Do piquete 128 ó 295 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños da Abelleira. Sur: do piquete 295 ó 320, seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños da Abelleira. Oeste: do piquete 320 ó 332 seguindo a orde de piquetes e deste ó 1, con monte Baño.

Parcela 2. Monte Bornalle. Superficie 83,40 ha.

Procede do monte Bornallo, nº 109 do C.U.P.

Norte: remata en punta no piquete 76 do deslindamento. Leste: desde o piquete 76 ata o 79, seguindo a orde de piquetes, co monte Pedregal e Bolantón, do 79 ó 82, seguindo a orde de piquetes, deste ó 1, e do 1 ó 6, seguindo a orde de piquetes, co monte Tal. Sur: do piquete 6 ó 18 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Oeste: do piquete 18 ó 73 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Do 73 ó 76 seguindo a orde de piquetes, con monte Calvo e outros.

Parcela 3. Monte Rateira. Superficie 83 ha.

Procede do monte Calvo e outros, nº 110 do C.U.P.

Norte: desde o alto denominado Coto Frei Mariño, pola pista de Riomao ata o piquete 36, con máis monte Calvo e outros. Do piquete 36 ó 46 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Leste: do piquete 46 ó 66 seguindo a orde de piquetes, con monte Pedregal e Bolantón, monte Costa de Pando, e propiedades particulares. Sur: do piquete 66 ó 97 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares. Oeste: do piquete 97 ó Coto Frei Mariño, polas cotas de maior altitude segundo o esbozo incorporado ó expediente, co resto do monte Calvo e outros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña