Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 357, de clasificación do monte de Corrubedo, pertencente ó lugar de Corrubedo, parroquia de Coiro, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 357, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Corrubedo.

Comunidade: Corrubedo.

Parroquia: Coiro.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 111 ha.

Estremas:

Procede do monte Cadaval, Ruña e outros, nº 103-D do C.U.P.

Norte: desde o piquete 250 do deslindamento seguindo devasa ata o piquete 185, co monte da comunidade de Suevos. Desde o piquete 185 ata o 193 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Corrubedo. Leste: desde o piquete 193 seguindo a orde de piquetes, ata o punto onde o Rego dos Reguiños toca coa liña do deslindamento, entre os piquetes 197 e 198, con propiedades particulares de veciños de Corrubedo. Sur: seguindo o Rego dos Reguiños desde a liña do deslindamento ata a pontella do Rego dos Reguiños, en liña recta ata o punto Riba dos Carrís, segue o camiño dos Carrís ata o muro do prado Facagrande, segue polo valado ata o punto Baixo dos Prados dos Maios, e polo camiño dos Carrís ata o punto denominado Fonte Semias, na liña do deslindamento e preto do piquete 243, con máis monte Cadaval, Ruña e outros. Oeste: desde o punto Fonte Semias seguindo a liña do deslindamento ata o piquete 244, e deste ó 250 seguindo a orde de piquetes, co termo do concello de

Muros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando,

se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor