Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 356, de clasificación do monte de Lamasapín, pertencente ó lugar de Lamasapín, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 356, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Lamasapín.

Comunidade: Lamasapín.

Parroquia: Chacín.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 37,50 ha.

Estremas:

É parte do monte Pedroso, Val, Sisto e outros, 103-I do C.U.P.

Norte: propiedades particulares de Mazaricos e Lamasapín, desde o piquete 1 do deslindamento ata o 11, seguindo a orde de piquetes. Leste: valado de terra que o separa de propiedades particulares de veciños de Lamasapín, desde o piquete 11 ata o 25 seguindo a orde de piquetes. Sur: monte de veciños de Val, por unha liña recta trazada desde o piquete 25 ó 66. Oeste: co monte Aro, desde o piquete 66 ó 71 seguindo a orde de piquetes, e deste ó piquete 1.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor