Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 355, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:
Denominación: Brañas, Fenllos, Cruciña e Cancela da Veiga de Xei.
Comunidade: Aldea Grande.
Parroquia: Buxán.
Concello: Rois.
Superficie: 14,53 ha.
Estremas:
Parcela 1. Brañas, Fenllos e Cruciña. Superficie 14,13 ha.
Norte: monte de Buxán. Leste: Ramón Muíños e valado. Sur: regato. Oeste: monte de Buxán.
Parcela 2. Cancela da Veiga de Xei. Superficie 0,40 ha.
Norte: camiño. Leste: camiño. Sur: valado. Oeste: camiño.
En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.
A Coruña, 14 de febreiro de 2000.
Ana María Díaz López
Secretaria do Xurado Provincial de Montes
Veciñais en Man Común da Coruña