Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 354, de clasificación do monte Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira e Penouseira, pertencente á parroquia de Leiro, concello de Rianxo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente 354, de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Moucho, Pedriñas Negras, Pedrouzo, Regueiro, Malladoira e Penouseira.

Comunidade: parroquia de Leiro.

Concello: Rianxo.

Superficie: 10,90 ha.

Estremas:

Parcela 1. Monte Moucho. Superficie 0,78 ha. Situado no lugar de Brión.

Norte: Germán Alcalde e outros. Leste: Duarte e outros, estremando co primeiro mediante un valado de cantería da súa propiedade. Sur: Baltasar Domínguez. Oeste: limita mediante unha pista e un valado de cantería e unha aliñación de pedras, con sendos propietarios particulares.

Parcela 2. Pedriñas Negras. Superficie 0,60 ha. Situado no lugar de Brión.

Norte: Isabel Mayán e outros propietarios particulares. Leste: propietarios particulares. Pista de terra na súa parte sur. Sudoeste: valado de pedras e camiño que discorren ó longo do límite da parcela e que a separan de propietarios particulares.

Parcela 3. Monte Pedrouzo. Superficie 2,21 ha. Situado no lugar de Abuín.

Norte: camiño que limita con propietarios particulares. Leste: propietarios particulares. Sur: coa costa. Oeste: propietarios particulares. Camiño que discorre polo límite da propiedade na parte sur.

Parcela 4. Monte Regueiro. Superficie 0,59 ha. No lugar de Abuín.

Leste: valado de pedras que discorre pola parte deste límite e que o separa de propietarios particulares. Sur: propietarios particulares. Oeste: limita na parte norte mediante pista con propietario particular e o resto do límite discorre ó longo do regato.

Parcela 5. Malladoira. Superficie 1,18 ha. Lugar de Abuín.

Oeste: varios propietarios particulares. Leste: ó sur Manuel e José Escurís e ó norte Germán Alcalde e Alfonso García.

Parcela 6. Penouseira. Superficie 5,52 ha. Lugar de Abuín.

Norte: valado de cantería que limita con Manuel Escurís, e aliñación de pedras que limitan con José Escurís e Fermín Muíños. Leste: Hrdos. de Rivera e outros. Sur: costa. Oeste: pista de terra que estrema con propietarios particulares.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 2000, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor