Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.811

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (388/1999).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos do xuízo verbal número 388/1999, seguidos no Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Irene Abelleira Freiría contra Servi-Sport Santiago, S.L., José Fraile Renieblas, comisario da creba, José L. Folgueral Martínez, depositario da creba e o Fondo de Garantía Salarial, en reclamación de cantidade, se dictou, con data do 22 de outubro de 1999, sentencia, coa resolución do teor literal seguinte:

«Que estimando como estimo, parcialmente, a demanda promovida po Irene Abelleira Freiría, fronte á empresa Servi-Sport Santiago, S.L., o comisario e o depositario da quebra legal desta, e o FOGASA, en reclamación de cantidade, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe a demandante, polos conceptos relacionados no feito probado segundo esta sentencia, a cantidade total de cincocentas noventa e sete mil oitocentas seseta e cinco pesetas (597.865 pesetas), mais un 10% en concepto de xuro anual por mora, en proporción ó período transcorrido desde o 21 de maio de 1999 ata a data, condenando os restantes condemandados a estaren e pasaren polo contido desta resolución sen prexuízo da minoración da presunta responsabilidade do FOGASA conforme o exposto na súa fundamentación xurídica».

E para que sirva de notificación de sentencia a Servi-Sport Santiago, S.L., con domicilio, na rúa Restollal, nº 39, 1ºC, de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, e fecéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó da notificación da sentencia, e con expresa advertencia de que de se-la recorrente a empresa demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de que se depositou na conta de recursos do Xulgado do Social número dous, de identificación: 5.608, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na r/ Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; e

acreditar tamén que se depositou na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva legalmente para recorrer, sen os seus requisitos non se terá por anunciado o dito recurso.

E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado