Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión do Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 4 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11-4-1991), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la preceptiva reunión trianual do Pleno do Consello de Comunidades Galegas para os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 2000 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

ANEXO

Orde do día da reunión do Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución do Pleno e apertura das sesións.

2. Informe-balace da xestión realizada no último período pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Intervencións informativas de membros natos do Pleno do consello.

4. Exposición dos textos dos catro relatorios establecidos pola comisión delegada na súa última reunión:

a) Acción social. Especial atención á terceira idade.

b) Participación da Galicia exterior na política de Galicia.

c) Acción cultural e novas comunicacións na Galicia universal.

d) Xuventude.

5. Estudio de relatorios e comunicacións presentados en comisións de traballo e preparación de conclusións.

6. Elección dos membros da comisión delegada para o trienio 2001-2003.

7. Sesión plenaria con lectura de conclusións definitivas, quenda de rogos e preguntas, proclamación de membros da comisión delegada e clausura de actos do Pleno.