Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN PRIMEIRA)

EDICTO (1710/1999).

Eu, Cándido Curiel Fernández, secretario da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no rolo do que se fará mención se dictou

resolución cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia:

No recurso de apelación civil 1710/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucciónde Negreira, co número 135/1998, sobre reclamación de cantidade, entre partes, dunha e como demandantes apelantes Enrique Noya Lois e Luz Divina Martínez Pazos, e doutra e como demandados apelados, Europa Seguros Diversos, Construcciones Blanco Sande, S.L. e José Eulogio Blanco Sande. Foi relator Ángel María Judel Prieto.

Decidimos que, con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia do 27 de marzo de 1999, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia de Negreira nos autos 135/1998, confirmamos integramente tal resolución, con imposición á parte apelante das custas desta alzada.

E para que conste, en cumprimento do acordado e para que lles sirva de notificación os rebeldes José Eulogio Blanco Sande e Construcciones Blanco Sande, S.L. expido e asino este edicto na Coruña, o trinta de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado