Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador P-164/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes, que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 24 de marzo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-164/1999.

Denunciado: Manuel Somoza Borrajo.

Enderezo: Monte, 60, Sanguiñeda-Mos.

DNI: 76.685.507.

Feitos denunciados: pescar a fondo con tres canas, utilizando cebo prohibido (miñoca). Feitos denun

ciados ás 12 horas do día 22 de agosto de 1999 no río Tea, lugar Fillaboa, do concello de Salvaterra de Miño. Resultando que o río Tea, ó seu paso por ese lugar, é considerado unha masa de auga salmoneira.

Data do acordo da incoación: 29-10-1999.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 25-2-2000.

Precepto infrinxido: 33.4.9, da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 21.000 ptas.