Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de marzo de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta do expediente administrativo de desafiuzamento 59/1999 por ocupación sen título legal, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expediente do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña para que aleguen por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de marzo de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 59/1999 (ocupación sen título).

Adxudicatario: Mª Carmen Mosquera Guzmarey e herdeiros.

Último domicilio coñecido: rúa Fernando Rey nº 4, 6º D (A Coruña).

(C-85/060, conta 18).