Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de marzo de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a Mercedes Rendal Carral, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 27/1999.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a Mercedes Rendal Carral a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 27/1999, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 200.000 ptas. sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, daráselle traslado á interesada e concederáselle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinente. Esta proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de marzo de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 27/1999.

Mercedes Rendal Carral.

Polígono de Elviña II fase, bloque 16, portal 1-8º C, A Coruña.