Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de traballos específicos concretos e non habituais, consistentes na implantación e seguimento de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no laboratorio de consumo de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996,

do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: traballos específicos concretos e non habituais.

b) Descrición do obxecto: implantación e seguimento de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no laboratorio de consumo de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 25, do 7-2-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 6.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 20-3-2000.

b) Contratista: Rafael Álvarez-Sarandés Lavandeira.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 6.000.000 de pesetas.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo