Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de impresión de documentación complementaria necesaria para o VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de impresión de documentación complementaria necesaria para o VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro, s/n, 15703

Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP 05/00.

2. Obxecto do contrato: servicios de impresión de documentación complementaria necesaria para o VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, debendo en todo caso entregarse a documentación no prazo máximo de quince días desde a entrega polo Igape dos modelos e da cifra concreta de exemplares de cada un dos documentos que se vai imprimir.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 3.800.000 ptas. (tres millóns oitocentas mil pesetas), IVE incluído.

5. Garantía provisional: 76.000 ptas.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre calidades e mostras do papel, tarxetas portadistintivos, carpetas e maletíns.

10. Apertura das ofertas: en acto público a las 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica