Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 1/2000, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ordes.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais ou periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ordes.

1. Obxecto e orzamento.

Contratación do servicio de de limpeza e desinfección do Centro de Saúde de Ordes, concurso público 1/2000, por un orzamento estimado desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro de 2000, de tres millóns de pesetas (3.000.000 de pesetas) (18.030,36 euros), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 2000.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12, C.P. 15701, de luns a venres, desde as 9 ás 14 horas, ou ó teléfono 981 52 70 22 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% ver punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: 4% ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas, será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2000.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela