Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia o concurso público 2/2000 por lotes, para a contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias.

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88 do 11 de maio), sobre delegacións de competencias en órganos centrais ou periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público por lotes, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de desprazamento do persoal de urxencias extrahospitalarias concurso público 2/2000 por lotes por un orzamento estimado desde o 1 de xullo ata 31 de decembro de 2000 de doce millóns cento catorce mil pesetas, (12.114.000 pesetas/72.806,606 euros), IVE incluído.

Lote nº 1: servicio normal de urxencias Santiago de Compostela.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 2: punto de atención continuada de Noia-Outes-Lousame.

Importe: 888.000 ptas.

Lotes nº 3: punto de atención continuada de Arzúa-Boimorto.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 4: centro de saúde de Porto do Son.

Importe: 570.000 ptas.

Lote nº 5: servicio normal de urxencias de Rianxo.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 6: punto de atención continuada de Negreira-A Baña.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 7: punto de atención continuada de Melide-Toques-Santiso.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 8: punto de atención continuada de Muros-Carnota.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 9: centro de saúde da Pobra.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 10º: servicio normal de urxencias de Boiro.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 11: punto de atención continuada de Santa Comba-Mazaricos.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 12: centro de saude de Ribeira.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 13: punto de atención continuada de Ordes-Trazo-Tordoia-Mesía-Frades.

Importe: 888.000 ptas.

Lote nº 14: punto de atención continuada de Padrón-Dodro-Rois.

Importe: 888.000 ptas.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio debera comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 2000.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual ca folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria poden solicitarse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sito na rúa Santiago León de Caracas, nº 12, C.P. 15701, nos días de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou ó teléfono 981 52 70 22 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% ver punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: 4% ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, antes das catorce horas do vixésimo sexto día natural contado

desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención

Primaria de Santiago de Compostela