Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-99 e P-101/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolucion será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, do Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse unha vez pagada a contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 24 de marzo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: 99/1999.

Denunciado: Celso Iglesias Blanco.

Domicilio: Alpajes, 71-1º Esq., Aranjuez-Madrid.

DNI: 52.470.135.

Feitos denunciados: pescar utilizando cebo de uso non permitido en masas de augas salmoneiras (miñoca). Feitos denunciados ás 12 horas do día 16 de maio de 1999 no río Ulla, S. Miguel de Castro, no concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Data do acordo da proposta: 25-11-1999.

Proposta: sancionar a Celso Iglesias Blanco con multa de 15.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar utilizando cebo de uso non permitido en masas de auga salmoneira.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 15.000 ptas.

-Expediente: 101/1999.

Denunciado: Javier Besada Valence.

Enderezo: Tomás Alonso, 46-6º C, Vigo.

DNI: 35.569.834.

Feitos denunciados: pescar no couto de Ponteareas sen a licencia de pesca e sen permiso de couto.

Feitos acontecidos ás 18.15 horas do día 19 de maio de 1999, no río Tea, ó seu paso por Pías, do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Data do acordo da proposta: 25-11-1999.

Proposta: sancionar a Javier Besada Valence con multa de 55.000 ptas. e unha inhabilitación dun ano.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar no couto de Ponteareas sen a licencia de pesca nin permiso de couto.

Precepto infrinxido: 34.1º.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 55.000 ptas.

Indemnización: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo de 1 mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.