Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

A Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 21/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións e mantemento e limpeza da piscina do Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Campamento Xuvenil Penedos de Xacinto de Entrimo (Ourense).

d) Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2000, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.970.750 ptas., co IVE incluído (1.350 ptas./praza/día, co IVE incluído en función dun máximo de 6.645 prazas).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono 988 38 60 96.

e) Telefax:: 988 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 60 87) ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Loña, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o cuarto día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións:

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 4 de abril de 2000.

P.D. (D. 488/1997, do 26 de decembro)

José Sotelo Presas

Delegado provincial Accdtal.