Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial das táboas salariais do ano 1999 do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial das táboas salariais do ano 1999 do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-3-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 28-1-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asisten:

Pola parte social:

Juan M. Saborido Rama.

Leopoldo Fernández Lariño.

Víctor L. Pena Caamaño.

Esteban Martínez Fondo.

Pedro Pazos Redonda.

Pola parte empresarial:

Pablo García Rodríguez.

Reunidas as persoas que arriba se relacionan ás 11.30 horas do día 28 de xaneiro de 2000, en Lira, Carnota, na sala de xuntas de empresa Stolt Sea Farm, S.A., con obxecto de realiza-la revisión salarial das táboas salariais para o ano 1999 de acordo co convenio colectivo da empresa citada.

Ambas partes recoñecénse mutuamente capacidade legal para revisa-las táboas salariais do convenio colectivo de Stolt Sea Farm, S.A.

Confecciónanse as novas táboas salariais para o ano 1999, aplicando o acordado no artigo 27 do convenio colectivo, as cales se xuntan como anexo a esta acta. Así mesmo, acórdase autorizar a Leopoldo Fernández Lariño, para a presentación e rexistro destas.

Sen máis asuntos que tratar, remata a reunión no lugar e data anteriormente sinalados, asinando as mesas táboas salariais como proba de conformidade con elas e co exposto.

ANEXO I

Táboa salarial 1999

Stolt Sea Farm, S.A.

CategoríasSalario bruto

anual

Salario base mensual

(15 pagas)

Valor

hora extra

* Producción
Subalternos1.409.89093.9931.383
Oficial 3ª1.535.656102.3771.506
Oficial 2ª1.643.885109.5921.613
Oficial 1ª1.755.035117.0021.722
Encargado 2ª1.798.920119.9281.765
Encargado 1ª2.136.767142.4512.096
Vixilante2.137.875142.5252.097
Técnico2.702.619180.1752.651
Técnico superior4.508.976300.5984.423

* Administración
Auxiliares1.409.89093.9931.383
Oficial 3ª1.608.777107.2521.578
Oficial 2ª1.798.921119.9281.765
Oficial 1ª2.047.552136.5032.009
Técnico superior3.598.682239.9123.530

Guardias de domingos e festivos: 5.384