Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.727

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da interpretación do artigo 12 do convenio colectivo do sector das industrias de bebidas refrescantes.

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector das industrias de bebidas refrescantes da provincia de Pontevedra, con nº de código 3600165, con data do 2 de xaneiro de 2000, e que tivo entrada nesta delegación o día 22 de marzo de 2000, na que se acorda a interpretación do artigo 12 do devandito convenio, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto nos artigos 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

José Carlos Andrade.

Parte social:

José Carlos Álvarez C.

Evaristo Alejos Lorenzo.

Luciano Villar González.

En Vigo, o 2 de xaneiro de 2000, reúnense as persoas á marxe relacionadas, na súa condición de membros da comisión deliberadora do convenio colectivo de bebidas refrescantes da provincia de Pontevedra, para trata-la seguinte orde do día:

Único.-Interpretación do artigo 12.

Reunida a comisión paritaria ante as diferencias de interpretación do artigo 12 do convenio, esta comisión paritaria acorda aclara-lo seguinte:

A contía do complemento de antigüidade a que se refire o primeiro punto do artigo é sobre o número de bienios e trienios con data do 31 de decembro de 1995. En canto ó aboamento económico destes, será do 5% no caso dos bienios e do 6% no dos trienios sobre o salario base actualizado en todo momento.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levantouse a sesión ás dezanove horas, todo o cal os asistentes asinan en proba de conformidade.