Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.726

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo.

Visto o expediente da revisión salarial, para o ano 2000, do convenio colectivo para a empresa Club de Campo de Vigo, con nº de código 3600302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-3-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio, con data do 18-2-2000. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro e convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión que tivo lugar entre as partes social e económica da empresa Club de Campo de Vigo, sobre revisión da táboa salarial do convenio coelctivo para o ano 2000.

Ás dezaseis horas do día dezaoito de febreiro do ano 2000, reúnense, pola parte económica, Ramón González-Babé Ozores e Enrique Lorenzo Feijóo e, pola parte social, Fernando Barciela Conde e Raimundo Mera Pazos, na sala de xuntas do edificio social da empresa.

Reúnense ámbalas partes para proceder á revisión salarial para o ano 2000, segundo o aprobado no convenio colectivo desta empresa, subscrito o 10 de maio de 1999.

Como resultado desta revisión acórdase o seguinte:

1. A táboa salarial para o ano 2000 queda actualizada cun incremento do 2,25% sobre a do ano 1999, como resultado de aplica-lo 2% do IPC previsto polo Goberno para o ano 2000, mailo 0,25%. A táboa resultante, coa actualización, figura como anexo a esta acta.

2. O complemento de asistencia será de 267 pesetas e o de locomoción de 501 pesetas para o ano 2000, resultado de aplica-lo 2% sobre o do ano 1999.

3. As horas extraordinarias increméntanse no 2% para o ano 2000.

4. Se a cifra real do IPC o 31 de decembro de 2000 superase o 2%, revisarase a táboa salarial no dito exceso. Esta revisión terá efectos do 1-1-2000, e as diferencias resultantes aboaranse nunha soa paga no primeiro trimestre do ano 2001. O complemento de asistencia e o de locomoción será revisado e actualizado no exceso que se produza entre o 2% de incremento aplicado e o IPC real o 31 de decembro de 2000.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa

Club de Campo de Vigo

Ano 2000

CategoríasSalario brutoGrat. Vol. Abs.

* Persoal administrativo
Xerente270.828
Oficial 1ª126.91614.835
Oficial 2ª105.304
Auxiliar administrativo81.271
Aspirante administrativo (17 anos)SMI
Aspirante administrativo (16 anos)SMI

CategoríasSalario brutoGrat. Vol. Abs.

* Persoal subalterno
Conserxe96.75812.662
Axudante de conserxe95.499
Porteiro80.672
Mozo dos recados (17 anos)SMI
Mozo dos recados (16 anos)SMI
Coidador de pistas95.499

* Persoal obreiro
Xardineiro102.749
Vixilante nocturno95.499
Especialista95.499
Peón87.406
Encargada limpeza90.11540.160
Limpadora90.115

* Persoal bar-restaurante
Encargado190.21221.587
Subencargado136.43221.587
Camareiro95.499
Axudante camareiro80.672
Aprendiz camareiro (17 anos)SMI
Aprendiz camareiro (16 anos)SMI
Xefe de cociña149.987
Cociñeiro115.549
Axudante de cociña90.115
Pinche de cociña90.115
Pinche de cociña (17 anos)SMI
Pinche de cociña (16 anos)SMI