Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.724

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Bombones Suguimar.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Bombones Suguimar (código 2700692), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de marzo de 2000, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta de constitución e sinatura do convenio

colectivo da empresa Bombones Suguimar de Lugo

Pola parte empresarial: Santiago Criado Contreras.

Polas centrais sindicais.

Pola UGT: Carlos Martínez Vázquez (delegado de persoal).

Asesor: Fernando Teijeiro Valledor.

En Lugo, sendo as 12 horas do 2 de marzo de 2000, reúnense no domicilio social da empresa en Lugo, as persoas mencionadas no encabezamento, representantes da empresa Bombones Suguimar, o delegado de persoal e os asesores da central sindical citada, e adoptan os seguintes acordos:

1. Recoñécense mutuamente capacidade legal para negocia-lo convenio colectivo da empresa Bombones Suguimar de Lugo.

2. Aproba-lo convenio colectivo de ámbito de empresa que terá vixencia dun ano, desde o 1-1-2000 ó 31-12-2000.

3. O incremento salarial será do 3% tanto para o salario como para a antigüidade.

4. Aprobar por unanimidade o texto articulado e as táboas salariais mensuais, anuais e de antigüidade, que se xuntan a esta acta.

5. Facultar para remiti-la presente acta, así como o texto do convenio, coas oportunas copias á autoridade laboral para os oportunos efectos legais a Fernando Teijeiro Valledor, membro da comisión negociadora.

E, en proba de conformidade, asinan esta acta tódolos mencionados no encabezamento, sendo as 14 horas do día citado no encabezamento.

Convenio colectivo da empresa

Bombones Suguimar de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo obrigarán a empresa e os seus traballadores, que se rexerán, no non estipulado por este, pola Ordenanza laboral para as industrias da alimentación.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

A eficacia e obrigatoriedade do presente convenio colectivo alcanza os límites territoriais de Lugo e a súa provincia, quedando por iso afectadas a este cantos centros de traballo teña a empresa e aquelas sucursais que, dependendo dela, están domiciliadas dentro dos ditos límites, aínda que os traballadores pertencentes a ela estean domiciliados fóra dos ditos límites.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000 e rematará o 31 de decembro de 2000, con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implanten en virtude do presente convenio colectivo serán compensadas e absorbibles ata onde alcancen os aumentos e melloras e coas que proceda establecer mediante disposicións legais que no futuro se promulguen, sexa calquera o seu concepto.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria que interpretará e vixiará o cumprimento do pactado neste convenio estará composta por:

-Tres representantes da empresa.

-Tres representantes dos traballadores de Unión Xeral de Traballadores.

En caso de non chegar a acordos na dita comisión, ámbalas partes someteranse á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) de Lugo e á xurisdicción laboral competente da mesma provincia.

Artigo 6º.-Salarios de convenio.

Os salarios de convenio establecidos para cada categoría profesional son os que figuran na táboa do anexo.

Artigo 7º.-Denuncia e rescisión.

Cunha antelación mínima dun mes á data de remate do convenio, deberá ser denunciado por calquera

das partes. A ausencia desta denuncia significará, en todo caso, a súa prórroga por un ano, en termos iguais ó do presente texto articulado, agás o referente á táboa salarial, que deberá ser negociada pola comisión mixta paritaria.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Devengaranse ata dez trienios na contía do seis (6) por cento do soldo mensual do convenio que para cada categoría profesional se detalla no anexo deste convenio. Todo isto sen prexuízo do establecido no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Con carácter de complemento salarial, aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, o 25 de xullo e Nadal, na contía, cada unha delas, de trinta días de salario e antigüidade, debendo facerse efectiva o día laborable inmediato ó 24 de xullo e 22 de decembro, na forma que establece a ordenanza laboral.

Artigo 10º.-Complementos de participación en beneficios.

Con carácter de participación en beneficios, as empresas aboaranlles ós seus traballadores unha gratificación equivalente a trinta días de salario máis antigüidade; o seu pagamento efectuarase no primeiro trimestre de 2000.

Artigo 11º.-Devengo extrasalarial por accidentes de traballo e intervención cirúrxica.

As empresas aboaranlle ó traballador de baixa por IT por accidente de traballo, logo de presentación de documento acreditativo de baixa, e a partir do primeiro día de producirse este e ata os dezaoito meses de duración da dita baixa, o 100 por 100 do salario regulamentario de cotización.

Todo traballador, cun mínimo de dous anos de antigüidade na empresa, e logo de presentación da baixa, que se encontre hospitalizado, percibirá un devengo extrasalarial consistente na diferencia entre a cantidade percibida do seguro de enfermidade do INSS e o 100 por 100 do total resultante da suma de retribución do convenio e maila antigüidade, todo iso durante un período de corenta e cinco días naturais, unha vez ó ano.

Artigo 12º.-Vacacións.

O persoal abranguido no presente convenio colectivo desfrutará dun período natural de trinta e un días (31) de vacacións, que serán distribuídas preferentemente de xuño a setembro.

Artigo 13º.-Exposición do calendario de vacacións.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio colectivo exporán antes do mes de maio o calendario de vacacións. Calquera discrepancia, para o efecto, será resolta pola comisión mixta paritaria.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

Con carácter xeral, as empresas suxeitas a este convenio proverán o persoal que polo seu traballo o necesite, de maneira obrigatoria e dúas veces por ano, de batas, cofias e gorras, fundas e panos.

Artigo 15º.-Axuda por xubilación.

Ó producirse a baixa na empresa por xubilación ou invalidez dun traballador, este recibirá dela o importe de dúas mensualidades.

Artigo 16º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse aquelas situacións persoais que con carácter global excedan do pactado, manténdose estrictamente ad personam, non sendo absorbibles as diferencias económicas que se viñeron percibindo con respecto ó convenio do ano anterior.

Para todo o previsto neste convenio observarase o disposto na xornada laboral de alimentación.

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais de luns a venres.

Artigo 18º.-Modalidades de contratación.

Os contratos formalizados ó abeiro do artigo 15.1º b) do TRET para atender a circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio, dentro dun período de dezaoito meses.

Artigo 19º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico indivisible para efectos da súa aplicación e serán consideradas globalmente no seu conxunto anual. No suposto que a autoridade laboral, en uso das súas facultades, non aprobase ningún dos pactos contidos no presente convenio, as partes asinantes considerarán se é válido, por si só, o resto do texto aprobado ou ben é necesaria nova e total negociación.

Artigo 20º.-Cláusula de revisión salarial.

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo Instituto Nacional de Estatística, rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento superior ó 2,75% respecto do 31 de decembro de 1999, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto como se constate a dita circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada.

A revisión salarial non ten carácter retroactivo, servirá de base para o cálculo de salarios para 2001.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Serán tres os días con permiso retribuído que serán desfrutados a libre disposición dos traballadores.

Artigo 22º.-Póliza de seguros.

A empresa subscribirá unha póliza que, en caso de accidente laboral con falecemento do traballador/a, será percibida, nunha contía de 1.500.000 ptas., polo seu

cónxuxe ou herdeiros legais e, en caso de invalidez permanente total ou absoluta, será o traballador o que perciba 2.000.000 de ptas.

Disposición derradeira

De conformidade co que establece o Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, e para o caso de traballadores con 64 anos cumpridos que opten por acollerse á xubilación sen mingua dos seus dereitos, as empresas incluídas neste convenio obrigaranse a substituír cada traballador que opte pola xubilación por outro traballador que sexa titular de dereito de calquera das prestacións económicas por desemprego ou xove demandante de primeiro emprego, mediante un contrato da mesma natureza có extinguido.

ANEXO

Táboa de salarios

Categoría

profesional

Soldo

mensual

Soldo

anual

Ant. mensual

(por trienios)

Encargado112.9001.693.5006.775
Oficial 1ª e viaxante109.9321.648.9806.597
Oficial 2ª107.3081.609.6206.440
Peón e axudante104.5321.567.9806.273
Auxiliar administrativo109.9321.648.9806.597
Aprendices (ano 2000)70.6801.060.200