Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de abril de 2000, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1,

establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos sectoriais figura o Programa de Investigación Agraria, que ten como obxectivo xeral mellora-la productividade do sector agropecuario ó longo de toda a súa cadea, tendo en conta as características do medio rural galego. A xestión deste programa está encomendada á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en coordinación coa Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvememento.

En consecuencia e para pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas e neste caso concreto para a execución do Programa de Investigación Agraria e como continuación das accións realizadas no ano 1999.

DISPONSE:

Artigo 1º

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do Programa de Investigación Agraria e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada no sector agrario (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no sector agrario (anexo II).

3. Prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas agrarios (anexo III).

4. Bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo en programas de doutoramento relacionados co Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT (anexo IV).

5. Bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias (anexo V).

6. Prórroga da bolsa de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria. (anexo VI).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria destinarán ata un máximo de 134.000.000 ptas. (805.366 euros) que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.740.0 e 04.07.432A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 a 2002 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2000Ano 2001

04.07.432A.740.090.000.000 de ptas.

(540.910,89 euros)

20.000.0000 de ptas.

(120.202,42 euros)

04.07.432A.781.010.000.000 de ptas.

(60.101,21 euros)

4.000.000 de ptas.

(24.040,48 euros)

AplicaciónAno 2002

04.07.432A.740.08.000.000 de ptas.

(48.080,97 euros)

04.07.432A.781.02.000.000 de ptas.

(12.020,24 euros)

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 70.000.000 de ptas. (420.710 euros) que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 a 2002 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2000Ano 2001

04.07.432A.740.050.000.000 de ptas.

(300.506,05 euros)

15.000.0000 de ptas.

(90.151,82 euros)

AplicaciónAno 2002

04.07.432A.770.05.000.000 de ptas.

(30.050,61 euros)

Non obstante, no caso das actuacións ás que se refire o punto 3, alínea b), do anexo II, as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes, de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración, poderanse librar directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 relativa ó anexo I e respectando os límites antes citados.

Para as prórrogas das bolsas convocadas no anexo III destinarase ata un máximo de 2.835.000 ptas. (17.038,69 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2000 e 2001 (710.000 ptas.) (4.267,19 euros) no ano 2000 e 2.125.000 ptas. (12.771,51 euros) no 2001.

As bolsas que se citan no anexo IV serán obxecto de convocatoria posterior con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos anos 2000 e 2001, fixándose na convocatoria correspondente ós fondos destinados a elas.

Para as bolsas convocadas no anexo V destinarase ata un máximo de 2.450.000 ptas. (14.724,80 euros) con cargo ás aplicacións orzamentarias 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2000 e 2001 de acordo coa seguinte distribución:

AplicaciónAno 2000Ano 2001

04.07.432A.480.01.430.000 ptas.

(8.594,47 euros)

1.020.0000 ptas.

(6.130,32 euros)

Á prórroga da bolsa convocada no anexo VI destinarase ata un máximo de 1.025.000 ptas. (6.160,37 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma do ano 2000.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico para a Innovación (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde, será de 6 meses, contados a partir do día seguinte á data de publicación. Ó non dictarse resolución no dito prazo sobre unha solicitude, entenderase estimada esta.

Artigo 5º

De acordo co previsto no artigo 6 punto 6º da Lei 8/1999, do 31 de decembro, de acompañamento, os concesionarios destas axudas e bolsas sométense ás actuacións de comprobación e de control financeiro oficiais dispostas.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Desenvolvemento Rural para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Jaime Pita VarelaCástor Gago Álvarez

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Agricultura

e Administración PúblicaGandería e Política Agroalimentaria

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen

en investigación aplicada en temas agrarios

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestar apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en temas agrarios coa finalidade de mellora-lo

sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria:

* Producción.

-Producción gandeira.

-Pastos e forraxes.

-Viticultura.

-Produccións alternativas.

* Enxeñería rural e agroindustria.

-Conservación e transformación.

-Parámetros de calidade.

-Instalación de equipamentos e procesos.

* Comercialización e desenvolvemento.

-Estudios de mercado.

-Normalización de procedementos.

-Prospectiva.

-Desenvolvemento, procesos e servicios.

* Desenvolvemento rural.

-Agroecoloxía. Impacto ambiental.

-Xestión do medio rural.

-Solos agrícolas. Conservación e manexo.

-Xestión de explotacións.

-Planificación. Sistemas de información.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que, baixo a dirección continuada dunha delas, realiza coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación que baixo a dirección dun deles realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos, que achegan coñecementos de campos diferentes, pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estable, bolseiros, de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga, excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria.

1. Grupos solicitantes.

Para poder participar nesta convocatoria os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación desta e que requirirán a autorización da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos desta convocatoria establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación.-Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en temas agrarios, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos con referencia a liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo.

1.2. Grupos/equipos consolidados.-Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso, cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/s investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación

e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo estea desenvolvendo un proxecto, para poder solicitar un proxecto novo nesta convocatoria, o tamaño mínimo deste incrementarase, incorporando como mínimo un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares:

a) O investigador principal poderá ser un técnico superior cunha experiencia mínima de catro anos como investigador.

b) O investigador citado no punto 1.2.3 poderá ser un titulado superior vinculado ó centro con dous anos acreditados de experiencia investigadora ou titulado de grao medio vinculado con catro anos de experiencia investigadora.

c) Os investigadores equivalentes ós que se refiren os puntos 1.2.4 e 1.2.5 poderán ser titulados superiores vinculados ó centro. No seu defecto e con carácter excepcional, o equipo poderá completarse con técnicos de grao medio vinculados ó centro e con dous anos de experiencia ou con bolseiros de terceiro ciclo.

1.3. Grupos/equipos de excelencia.-Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e a uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1) O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

b.2) Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3) Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase, incorporando alomenos un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos competitivos de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia de comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas.

Excepcionalmente e con carácter transitorio no caso dos centros públicos de investigación de carácter sectorial non universitarios, admitiranse as seguintes situacións particulares respecto á composición do equipo:

a) O grupo/equipo terá un mínimo de catro membros.

b) O investigador principal poderá ser un técnico superior con experiencia mínima de oito anos e vinculación estable.

c) O doutor con antigüidade mínima de seis anos poderá ser substituído por un titulado superior con experiencia mínima de seis anos e vinculación estable.

d) O terceiro doutor pode ser substituído por un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo.

e) Excepcionalmente os restantes membros do equipo (mínimo un) poderán ser técnicos de grao medio con dous anos de experiencia investigadora.

Así mesmo, para estes centros e polo que respecta ós criterios de calidade rexerán os descritos no punto 1.3.2 agás as letras b), c) e h) que quedan como segue:

b) Dúas teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas e lidas.

c) Oito publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

i) Dirección de tres proxectos financiados por empresas.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores, os cales serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida, se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) son como mínimo igual ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. Como investigadores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados

superiores sen vinculación, que non serán computados na súa valoración. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e colaboradores para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo, axuda que polo tanto só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte deste. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas (seis mil dez con doce euros) por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.1.2. Limitacións.

a) Non poderán concorrer a estas axudas aqueles grupos que desfrutasen de dous proxectos da modalidade A (equipos de iniciación á investigación) ou dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos, salvo circunstancias excepcionais que deberán ser debidamente acreditadas na correspondente solicitude.

b) Non poderán participar nesta convocatoria aqueles grupos que resultaran beneficiarios dun proxecto da modalidade A (programa de promoción xeral da investigación) ou dun proxecto de calquera programa do Plan Galego de IDT de dous ou máis anos de duración, na convocatoria do ano 1999.

c) Os grupos en formación, e polo tanto os seus membros, mentres desfruten dunha axuda concedida ó amparo desta convocatoria non poderán dispor (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento. Para os efectos desta convocatoria non se contabilizará a participación dos membros do grupo noutros proxectos vixentes concedidos previamente, agás os indicados na alínea b), sempre que non sexan investigadores principais destes.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria só por unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados que nas convocatorias do ano 1999 obtivera un proxecto aplicado do Plan Nacional relativo á investigación agraria (non se consideran os proxectos financiados con fondos FEDER concedidos ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro), ou do Programa Marco Europeo, poderán solicitar en lugar de proxecto de investigación e por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha

axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda será de tres millóns de pesetas (dezaoito mil trinta con trinta e seis euros) no caso de proxectos do Plan Nacional e de cinco millóns de pesetas (trinta mil cincuenta con sesenta e un euros) no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de catorce millóns de pesetas (oitenta e catro mil cento corenta e un con sesenta e nove euros) para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e as esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase un mínimo de dous investigadores, a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence. Un deles será o coordinador do proxecto. No caso dos centros de carácter sectorial non universitarios a antigüidade como doutor poderá ser suplida por unha experiencia investigadora acreditada de oito anos.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo. No caso dos centros de carácter sectorial non universitarios, este investigador poderá ser un técnico de grao medio con experiencia investigadora acreditada de dous anos.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora mínima de catorce ou máis anos e vinculación estable a un centro de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora entre dez e trece anos e vinculación estable a un centro de carácter sectorial non uni

versitario, poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos ou, se é o caso, unha experiencia investigadora entre catro e nove anos e vinculación estable a un centro de carácter sectorial non universitario, poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das tres alíneas anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria só por unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no punto 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións, agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de catro millóns de pesetas (vintecatro mil corenta con corenta e oito euros) para proxectos do Plan Nacional e seis millóns de pesetas (trinta e seis mil sesenta con setenta e tres euros) para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de dezaoito millóns de pesetas (cento oito mil cento oitenta e dous con dezaoito euros) para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 destas bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse de un dos investigadores que se indican no punto 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no punto 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan, sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco, os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 250.000 ptas. (mil cincocentos dous con cincuenta e tres euros) referidas ós conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4 e 4.5 destas bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto, que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante agás cando se trate de equipos mixtos entre investigadores dos centros de carácter sectorial non universitarios e investigadores doutros centros/organismos públicos de investigación de Galicia.

O modelo oficial de solicitude número AGR-1 (do que a cara externa se publica como anexo VII a esta orde), está á disposición dos interesados de forma íntegra nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, nos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/ag/servicios/cgita.

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo, deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto para o sector e considera-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das vías previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de maio de 2000.

4. Conceptos subvencionables. En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que de seguido se relacionan, se ben cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas:

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 5.100.000 ptas. (30.651,62 euros) para proxectos de tres anos, 3.400.000 ptas. (20.434,41 euros) para proxectos de dous anos e 1.700.000 ptas. (10.217,21 euros) para proxectos dun ano e, no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 2.2.1.a) e 2.3.1.a) destas bases), poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas pasará a ser propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación presentada estivera incompleta, a Secretaría Xeral de I+D requirirá o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que, de non o facer, consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nestas bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia), a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co director xeral de Desenvolvemento Rural poderá determina-lo pase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A avaliación das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a avaliación, a selección das solicitudes e a determinación, se é

o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que forman o equipo en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto cara á resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto presentado a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a natureza e esixencia da investigación que se vai realizar.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1.a), 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4 respectivamente), terase en conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación á concesión e á contía desta, para a realización do proxecto aprobado.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, segundo o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso deste, xunto cos informes parciais dos

proxectos de investigación correspondentes, se os houbese. Ademais no caso das axudas recollidas no punto 2.4 requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, de acordo co previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural remitirá ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o cumprimento do proxecto, que remitirá á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Estes centros, se o consideran necesario, poderán convoca-lo investigador principal, a unha entrevista en relación coa execución

do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta de Galicia e deberán enviar un exemplar das correspondentes publicacións, presentándoo no rexistro xeral da dita

consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto, incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integren nun grupo que resulte seleccionado, quedan obrigados a manterse neste grupo (non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos segundo os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas axudas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación no DOG. Non embargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que teñan por oportuno.

ANEXO II

Proxectos de investigación empresarial

no sector agrario

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial, co fin de incrementar tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito do sector agrario.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Con todo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de investigación

sen prexuízo da consideración favorable con que se contemplen os proxectos de interese presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas, para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) As demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados, encargan a totalidade ou parte da investigación que se vai realizar no proxecto a equipos dos centros públicos de investigación, dos centros tecnolóxicos ou das universidades de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos e, en

todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 31 de decembro de 2002.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto. Para tal efecto poderanse incluí-los custos seguintes:

5.1. Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto. Só será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos, debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 5.100.000 ptas. (30.651,62 euros) para proxectos de tres anos, 3.400.000 ptas. (20.434,41 euros) para proxectos de dous anos e 1.700.000 ptas. (10.217,21 euros) para proxectos dun ano.

A empresa poderá computar como achega dela á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto, ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial ós que se refire esta orde poderán incluí-la contratación de laboral de xoves titulados universitarios e de formación profesional de 2º grao ou ciclo superior. Estas contratacións poderán concorre-los incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións, e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria, e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

5.2. Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material á escala de laboratorio e de planta piloto pero en ningún caso se admitirá material á escala productiva (investimentos productivos).

5.3. Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

5.4. Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto, tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso estes gastos poderán supera-lo 5% do custo do proxecto.

5.5. Custo de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia debidamente xustificados, detallando os investigadores concretos, persoal, medios, subministración, e servicios que aqueles achegan.

5.6. Gastos para a protección dos resultados da investigación.

5.7. Outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes segundo o modelo oficial número AGR-2 (que se publica como anexo VIII a esta orde) están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia, na Delegación en Galicia do CSIC e en Internet nos enderezos: http://www.cesga.es/sxid, no enderezo http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou no enderezo http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1) Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2) Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4) Declaración expresa de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

5) No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborará/n na súa realización ou, no seu defecto, unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación dos dito/s organismo/s público/s.

6) Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de maio de 2000.

7. Tramitación.

Se a documentación presentada estivera incompleta requirirase por parte da Secretaría Xeral de I+D ó

solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, de non o facer, consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Investigación Agraria.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma no sector agrario.

d) A capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

9.1. Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale o número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

9.2. Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

9.3. Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Con

sellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas de Seguridade Social.

9.4. Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

9.5. No caso de proxectos plurianuais, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie entre a data de solicitude de pagamento da corrrespondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade.

9.6. Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9.7. No caso de proxectos da modalidade B copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o 70% do custo total do proxecto. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, de acordo co previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento

e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural poderán asignar a cada proxecto un investigador titor, que baixo a coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural remitirán ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presentar este impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Dirección

Xeral de Desenvolvemento Rural. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e/ou a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na posta en práctica deste anexo.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e ás bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

De acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas axudas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación no DOG. Non embargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que teñan por oportuno.

ANEXO III

Prórroga das bolsas de predoutoramento para

a realización de teses de doutoramento en temas agrarios

1. Solicitantes.

Aqueles beneficiarios dunha bolsa de predoutoramento de nova adxudicación, concedida por resolución conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 23 de agosto de 1999 (DOG do 27 de agosto), poderán solicita-la prórroga correspondente ó curso académico 2000/2001 sempre que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

2. Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial AGR-3 (que se publica como anexo IX a esta orde) están á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid, ou http://www.xunta.es/conselle/ag/servi

cios/cgita, presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das vías previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, acompañadas da seguinte documentación:

2.1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 1999/2000. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.2. Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es do proxecto de investigación no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuadas.

2.3. Memoria realizada polo bolseiro sobre o estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

2.4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de maio de 2000.

3. Tramitación.

Os servicios administrativos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural revisarán as solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario requirirase o solicitante para que achegue a documentación complementaria ou emende os erros detectados no prazo de dez días advertindo de que, de non o facer, procederase segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

4. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

4.1. Unha asignación mensual de 115.000 ptas. brutas (691,16 euros). Esta cantidade poderá incrementarse para o ano 2001 no caso de existir crédito adecuado e suficiente, co fin de consegui-la total homologación destas bolsas coas de formación de persoal investigador que convoque o Ministerio de Educación e Cultura para ese ano.

4.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

5. Período de desfrute

A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre outubro de 2000 e setembro de 2001.

6. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados

polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

7. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

8. Condicións de desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas ou axudas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación), así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicarllo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, procedéndose á suspensión da bolsa correspondente e adxudicarlla a outro candidato, de acordo coa lista de suplentes, se a houbese.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo, e no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación, poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

9. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de inves

tigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo trimestre do período de desfrute da bolsa, terá que remitir á Secretaría Xeral de I+D un informe do labor realizado ata o momento. Nos 15 días seguintes á finalización da bolsa, remitirá un informe final cun máximo de 5 páxinas, que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar durante o curso académico ata un máximo de 80 horas á colaboración en actividades docentes con fins formativos, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado. A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente se lles autorice.

O bolseiro está obrigado a notificarlle á Secretaría Xeral de I+D a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

10. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación deste anexo.

De acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas bolsas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación no DOG. Non embargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que teñan por oportuno.

ANEXO IV

Bolsas de terceiro ciclo en programas de doutoramento

relacionados co Programa de Investigación Agraria

do Plan Galego de IDT

Na convocatoria xeral de bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo nas universidades galegas, con cargo ós fondos da Secretaría Xeral de I+D, convocaranse catro bolsas destinadas a alumnos matriculados en programas de doutoramento impartidos nas universidades do sistema universitario de Galicia e relacionados co Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT. Ademais os bolseiros seleccionados deberán integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma e alomenos un deles debe

rase integrar nun grupo de investigación dun centro pertencente á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

ANEXO V

Bolsas para formación en temas de investigación

agraria de técnicos especialistas das ensinanzas

dos ciclos formativos de grao medio, superior

ou equivalentes nas especialidades agrarias

O obxecto desta convocatoria é a concesión de dúas bolsas dun ano de duración prorrogables por outro, para completa-la formación de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes nas especialidades seguintes:

-Un técnico especialista en rama agraria ou equivalente en prácticas de campo.

-Un técnico especialista en rama agraria ou equivalente en prácticas de laboratorio.

1. Requisitos dos solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas os titulados de formación profesional que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter realizados os correspondentes estudios nun centro radicado en Galicia nalgunha das especialidades ou ciclos citados no parágrafo anterior.

b) Ter rematados os ditos estudios no ano 1995 ou en data posterior.

c) Non estaren obrigados a realiza-lo servicio militar ou prestación social substitutoria durante o período de desfrute da bolsa.

d) Non ter desfrutado destas bolsas ou doutras similares en anteriores convocatorias, durante un período de máis dun ano.

2. Contía da bolsa.

O importe das bolsas incluirá:

a) Unha asignación total de novecentas sesenta mil (960.000) pesetas (5.769,72 euros) aboables en doce mensualidades de oitenta mil (80.000) pesetas (480,81 euros) cada unha, nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

A situación dos centros de adscrición, así como horario e tipo de traballo, implica a necesidade de efectuar transporte diario de ida e volta, así como en ocasións finaliza-los traballos á tarde, debendo efectua-lo xantar no centro. Con fin de paliar estes custos, subvencionaranse na cantidade de 800 ptas. (4,81 euros) diarias, é dicir, cun total de 20.000 ptas. (120,20 euros) mensuais por técnico e mes.

b) Seguro de accidentes que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración das bolsas é de 12 meses comprendidos entre xuño de 2000 e maio de 2001.

3.2. As bolsas poderán ser prorrogadas automaticamente por un novo período de 12 meses, logo da presentación polos interesados, da seguinte documentación:

-Plan de traballo que realizará o bolseiro durante o período de prórroga.

-Informe favorable do titor no que se fará consta-las razóns xustificativas da prórroga, así como a relación detallada das actividades realizadas polo bolseiro no período de desfrute da bolsa.

-Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

4. Centros de realización.

As bolsas serán de realización nos centros seguintes:

-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).

Os bolseiros están obrigados a incorporarse ós centros de realización na data de inicio da bolsa.

5. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial AGR-4 (que se publica como anexo X desta orde) están á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita presentaranse no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Currículum vitae do solicitante, cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

c) Certificación académica completa (orixinal ou fotocopia compulsada) e fotocopia compulsada do título correspondente ou, no seu defecto, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.

d) Declaración xurada na que conste que non desfrutaron destas bolsas ou doutras similares durante un período superior a un ano.

e) Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

f) Outros datos que se poidan xustificar documentalmente e que o solicitante considere de interese en relación coa bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de maio de 2000.

6.Tramitación.

Por parte dos servicios da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural comprobarase que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos nesta orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, nos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no centro de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no CIAM e na EVEGA, nos dos vicerrectorados de Investigación das universidades de Galicia, nos vicerrectorados dos campus de Ferrol, Lugo e Ourense, nos da Delegacion en Galicia do CSIC, e en Internet nos enderezos http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm, http://www.cesga.es/sxid ou http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita. Esta lista estará exposta desde o 15 de abril de 2000 podendo os interesados, durante ese mesmo prazo, formular reclamación para emendar erros

e faltas de documentos, ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou ante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase segundo o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados polo director xeral de Desenvolvemento Rural (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Criterios xerais de selección.

A selección dos bolseiros farase tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Expediente académico, ata 4 puntos. Para efectos de cálculo da nota media non se computarán aquelas materias que consten no expediente académico do alumno como validadas.

b) Outros méritos: puntuación máxima 2 puntos. Só se valorarán os méritos acreditados documentalmente polo solicitante xunto coa súa solicitude.

8. Resolución do concurso.

A comisión de selección elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nela especificarase a partida orzamentaria á que se imputan as bolsas e en consecuencia o centro directivo que se encargará dos correspondentes pagamentos (Secretaría Xeral de Investigación

e Desenvolvemento ou Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural).

9. Aceptación da bolsa.

A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa ou axuda.

10. Condicións de desfrute. Incidencias.

Dado o seu carácter formativo e de especialización, a concesión destas bolsas non implica relación laboral ou administrativa do beneficiario coa Xunta de Galicia ou co organismo ó que pertence o centro ó que se incorporan os bolseiros, aínda que si é necesaria a natural coordinación co horario, normas e disciplina do departamento ou centro de investigación onde realiza a súa formación; tampouco dará lugar á inclusión do bolseiro na Seguridade Social, se ben este quedará incluído nunha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período desta concesión.

O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas.

É incompatible o desfrute da bolsa coa percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas salvo co desfrute daquelas bolsas ou axudas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender técnicas de manexo de aparellos ou en relación con eles).

A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o non-cumprimento das normas de réxime interno, así como a non-realización dos traballos propostos, serán causa de perda da bolsa.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará a correspondente solicitude fundamentada, podéndose cubri-la vacante producida polo período de desfrute restante co candidato suplente correspondente de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión de selección.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverán tódalas dúbidas e incidencias que puideran xurdir na aplicación deste anexo.

De acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas bolsas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación no DOG. Non embargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que teñan por oportuno.

ANEXO VI

Prórroga da bolsa de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria

Coa finalidade de que o bolseiro que a conseguise de acordo coa Orde do 14-1-1997, da Dirección

Xeral de Desenvolvemento Rural, poida seguir adquirindo maiores coñecementos en temas propios dos seus estudios que lle potencie a súa cualificación profesional, completándoa e ó mesmo tempo cooperando e finalizando traballos de proxectos de investigación agraria reais, establécese unha axuda económica para a prórroga da súa bolsa.

Bases da convocatoria:

1. Obxecto.

Convócase a prórroga da bolsa de especialización seguinte:

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense).

Área de especialización: selección clonal e sanitaria de vides autóctonas.

2. Contía.

A bolsa terá unha dotación de 125.000 ptas. (751,27 euros) mensuais brutas e mailo seguro combinado de accidentes que a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento deberá subscribir en beneficio do bolseiro polo período de duración da bolsa, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria cá bolsa, é dicir, á aplicación 09.02.432A.480.0.

3. Requisitos dos solicitantes.

Esta convocatoria vai destinada á prorróga da bolsa daquel especialista que na actualidade a desfruta como consecuencia da Orde do 14-1-1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Poderá optar á prórroga da bolsa o solicitante que se encontre desfrutando dunha bolsa na actualidade no centro citado, e sempre que por calquera outra convocatoria non desfrutase dunha bolsa durante un período de máis dun ano.

4. Período.

O período de desfrute da prórroga da bolsa será de nove meses, a partir do 1 de maio de 2000, prorrogable logo de solicitude polo interesado e de acordo con esta normativa e sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

Esta primeira prórroga poderá ser ampliada ata o límite máximo do 30 de marzo de 2001 con cargo ós orzamentos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

5. Formalización de solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial nº AGR-5 que se publica como anexo XI a esta orde, están á disposición dos interesados nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, no Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia e en Internet no enderezo http: //www.cesga.es/sxid, alternativamente no enderezo http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou no enderezo http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/cgita.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, e irán xunto con:

5.1. A memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o curso 1999/2000. Deberá ir asinado polo bolseiro e co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

5.2. O informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es do proxecto de investigación no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuadas.

5.3. A memoria realizada polo bolseiro sobre o estado actual do traballo e plan de traballo durante a prórroga, co visto e prace do director/es do proxecto de investigación.

5.4. A declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación rematará o 26 de abril de 2000.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e, para ó caso da lingua galega, deberán adaptarse o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

6. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta, requirirase o solicitante para que no prazo de dez días complete a documentación ou emende as deficiencias, con advertencia de que, de non o facer, se arquivará a súa solicitude sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. Resolución do concurso.

A selección do bolseiro será realizada pola comisión de selección, integrada por tres representantes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e dous da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

8. Formalización da prórroga.

A prórroga proposta formalizarase a partir do momento en que o bolseiro cumpra alomenos o final do período de actividade no centro de adscrición e unha vez asinen un documento de aceptación no

que se especifique o tipo e mailas condicións da tarefa encomendada ó bolseiro e o compromiso de levala a cabo nos termos establecidos.

Incorporado o bolseiro ó lugar de desenvolvemento da bolsa, e logo da notificación da incoporación polo director responsable de cada centro de investigación, procederase ó pagamento da cantidade mensual fixada.

9. Efectividade e obrigas do bolseiro.

9.1. O bolseiro deberá dedicarse de maneira plena a cumpri-las tarefas que lle sexan encomendadas. O desfrute da bolsa será incompatible con calquera clase de traballo remunerado.

9.2. A ausencia inxustificada, o baixo interese e rendemento, o incumprimento das normas de réxime interno, así como a non-realización dos traballos propostos, serán causa de perda da bolsa, logo do informe do titor da especialización e o director do centro de investigación respectivo.

9.3. Antes do pagamento da última mensualidade, o bolseiro fará entrega dun informe por escrito dirixido ó director do centro de investigación sobre os traballos desenvolvidos no ano, ó que se lle xuntará informe do titor da área de especialización. O incumprimento deste requisito dará lugar á perda da última mensualidade.

9.4. Ó termo da anualidade da bolsa, o director do centro de investigación emitirá unha certificación a favor do bolseiro para os efectos do seu currículum vitae. Así mesmo, terá dereito a que o director do centro lle expida un informe detallado sobre a actividade que desenvolveu e o grao de aproveitamento obtido.

10. Renuncia á bolsa concedida.

No caso de renuncia á bolsa concedida, o bolseiro presentará unha solicitude fundamentada.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.

No caso de que durante o período de desfrute da bolsa se producise algunha circunstancia que motivase a interrupción da colaboración do bolseiro, informarase inmediatamente a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para a adopción das medidas oportunas.

De acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas bolsas poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación no DOG. Non embargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que teñan por oportuno.