Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.647

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 94/2000, do 14 de abril, polo que se nomea presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais a Amado Ricón Virulegio.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de abril de dous mil,

Nomeo presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais a Amado Ricón Virulegio.

Vilalba, catorce de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo