Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.647

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 93/2000, do 14 de abril, polo que se dispón que cese José María Sánchez González como presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día catorce de abril de dous mil,

DISPOÑO:

Que cese José María Sánchez González, por petición propia, como presidente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, agradecéndolle os servicios prestados.

Vilalba, catorce de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo