Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.575

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión das táboas salariais de 1999, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Bombones Suguimar.

Visto o texto da revisión das táboas salariais de 1999, do convenio colectivo para a empresa Bombones Suguimar (código 2700692), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de febreiro de 2000, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de con

formidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da citada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

da empresa Bombones Suguimar de Lugo

Pola parte empresarial:

Santiago Criado Contreras.

Polas centrais sindicais:

UGT:

Carlos Martínez Vázquez (delegado de persoal).

Asesor: Fernando Teijeiro Valledor.

En Lugo, sendo as 12 horas do día 28 de febreiro de 2000, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de Bombones Suguimar, composta, dunha parte, polos representantes de UGT e doutra pola representación da empresa, tódolos cales asinan ó pé do presente escrito, co fin de trata-la revisión salarial do convenio colectivo.

A citada comisión paritaria adopta por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Dado que o IPC definitivo para 1999 superou en 1,1 puntos o previsto polo Goberno para o mesmo ano, procédese a aproba-las táboas salariais definitivas de contido económico, correspondentes ó ano 1999, que se xunta a esta acta como anexo I, co fin de lle dar cumprimento á cláusula de revisión salarial para 1999, recollida no artigo 20 deste convenio colectivo (DOG do 18 de marzo de 1999).

Segundo.-A comisión paritaria faculta a Fernando Teijeiro Valledor para que rexistre esta acta e as copias oportunas perante a autoridade laboral para a súa publicación.

Rubricado

ANEXO I

Táboa de salarios definitiva para 1999

(Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1999)

Categoría

profesional

Soldo

mensual

Soldo

anual

Ant. mensual

(por trienio)

Encargado109.6121.644.1806.578
Oficial 1 e viaxante106.7301.600.9506.405
Oficial 2ª104.1831.562.7456.252
Peón e axudante101.4871.522.3056.090
Auxiliar administrativo106.7301.600.9506.405
Aprendices (ano 1998)68.7881.031.820
Aprendices (ano 1999)70.0321.050.480