Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Club de Campo de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Club de Campo de Vigo, con nº de código 3600302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-3-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 10-5-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Club de Campo de Vigo

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio será de aplicación no centro de traballo da empresa Club de Campo de Vigo, existente no momento do seu asinamento e, por extensión, a calquera lugar onde o persoal do cadro do mencionado centro puidese presta-los seus servicios.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio terá unha vixencia de catro anos, e entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1999 e rematará o 31 de decembro de 2002. Calquera que sexa a data do seu asinamento ou publicación no BOP, os efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro.

Artigo 3º.-Retribucións salariais.

As retribucións salariais serán as que figuran na táboa anexa.

Para o ano 2000 establécese un incremento salarial do IPC previsto para o dito ano máis 0,25%.

Para o ano 2001 establécese un incremento salarial do IPC previsto para o dito ano máis 0,25%.

Para o ano 2002 establécese un incremento salarial do IPC previsto para o dito ano máis 0,25%.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade serán calculados por trienios desde o ingreso na empresa do traballador. Aboaranse a razón de:

1º trienio: 8%.

2º trienio: 16%.

3º trienio: 20%.

4º trienio: 23%.

5º trienio: 25%.

6º trienio: 35%.

7º trienio: 40%.

8º trienio: 50%.

A partir dos vintecinco anos de antigüidade, o 60%.

O complemento por antigüidade precibirano, unicamente, os traballadores que estivesen en alta na empresa na data do 31 de decembro de 1998. Os traballadores que causen alta no servicio da empresa con posterioridade á data antes indicada, non devengarán nin xerarán o dereito ó dito devengo ningunha cantidade polo dito concepto mentres dure a súa relación laboral con ela. Isto aplicarase tamén a aqueles traballadores que, estando en alta o 31 de decembro de 1998, cesasen no servicio da empresa a partir da dita data e volvesen causar alta con posterioridade nela.

Artigo 5º.-Pagas extra.

Todo o persoal percibirá catro pagas extra, que serán aboadas nas seguintes datas: 10 de marzo, 15 de xullo, 10 de outubro e 21 de decembro.

O importe das pagas será de trinta días (30) de salario real base máis antigüidade. En ningunha

delas se computará a prima de asistencia nin o complemento de transporte.

Artigo 6º.-Complemento de transporte.

Para o ano 1999, cobrarase a cantidade de 491 ptas. por día de traballo efectivo. Para o ano 2000, 2001 e 2002, incrementarase o IPC previsto para cada ano.

Artigo 7º.-Complemento de asistencia.

Por este concepto cobrarase a cantidade de 262 ptas. por día de traballo efectivo. Para o ano 2000, 2001 e 2002, incrementarase o IPC previsto para cada ano.

Artigo 8º.-Xornada.

A xornada semanal será de 40 horas de traballo efectivo, é dicir, 1.800 horas ó ano.

Artigo 9º.-Vacacións.

Tódolos traballadores que se regulen por este convenio terán dereito a trinta días (30) días naturais de vacacións ininterrompidas. Non obstante, no presente ano 1999, desfrutarán 5 días máis, a cambio de non desfrutalas nos meses de xuño, xullo e agosto e desde o período abranguido entre o 20 de decembro de 1999 e o 10 de xaneiro de 2000 (ámbolos dous incluídos). Nestes cinco (5) días extra, non se descontarán os complementos de asistencia nin de transporte. As vacacións serán rotativas. Para os anos 2000, 2001 e 2002, as condicións serán idénticas.

Artigo 10º.-Descanso.

O club permanecerá pechado o día un de xaneiro de 1999, despois de remata-la festa de fin de ano.

Artigo 11º.-Licencias.

O persoal terá dereito a que se lle conceda permiso con percepción dos salarios correspondentes nos seguintes casos e polo tempo que se expresa:

a) Por matrimonio: 20 días naturais.

b) Por nacemento dun fillo: 3 días naturais.

c) Por enfermidade grave ou falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade e afinidade: 3 días naturais.

d) Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Calquera traballador que teña que se trasladar fóra da provincia por calquera dos motivos anteriormente citados, terá dereito a dous días máis.

Artigo 12º.-Enfermidade.

En caso de accidente de traballo, con baixa de internamento, completarase a prestación da Seguridade Social ata o 100% do salario base.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Para o presente ano 1998, as horas extra que se realicen serán devengadas de acordo co establecido no artigo 35 do Estatuto dos traballadores e demais disposicións xerais.

Artigo 14º.-Revisión médica.

Realizaráselle por conta da empresa unha revisión médica anual a todo o persoal. Esta revisión farase preferentemente en novembro.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal afectado por este convenio que necesite para o seu traballo uniforme ou roupa adecuada, a empresa proporcionaralle unha muda de acordo coas súas necesidades. A revisión de vestiario farase, preferiblemente, en primavera.

Artigo 16º.-Dereito sindical.

O representante dos traballadores deberá ser informado dos plans da empresa por parte do seu xerente.

Artigo 17º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente recollido neste convenio, aplicarase o que dispoñan as normas de vixente aplicación.

Artigo 18º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio e comporase dun presidente, un secretario e un vocal de cada unha das partes, social e económica. Serán presidentes e secretarios os actuais titulares da negociación do convenio e, no seu defecto, os designados pola comisión. Ámbalas partes acordan someter a esta comisión cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen derivarse como consecuencia da aplicación, desenvolvemento ou interpretación do convenio, para que esta emita o seu informe como trámite previo, antes de acudir á xurisdicción correspondente.

Artigo 19º.-Comedores.

Tódolos traballadores incluídos no cadro de persoal terán dereito á manutención sempre que o requiran as necesidades do servicio.

Considéranse necesidades do servicio:

a) Cando o traballador teña menos dunha hora de descanso entre xornada e xornada de traballo.

b) Cando a xornada sexa continua, non se descontarán nin o tempo nin os haberes por manutención.

c) As que estean incluídas nestas alíneas poderán comer na empresa, pagando unha cantidade que será fixada ó respecto pola xerencia.

Artigo 20º.-Prazo de aviso previo e denuncia.

De conformidade coa lexislación vixente, o convenio darase por denunciado tres meses antes do seu remate, comprometéndose ámbalas partes a comeza-los trámites de negociación para un novo convenio a partir da dita data.

Artigo 21º

Este convenio foi negociado:

-Pola parte económica:

Ramón González-Babé Ozores (presidente).

Enrique Lorenzo Feijoo (vocal).

-Pola parte social:

Hipólito Rodríguez Viéitez (delegado).

Fernando Barciela Conde (conserxe).

Raimundo Mera Pazos (cociñeiro).

Estes tres últimos foron elixidos polo resto do persoal en asemblea para a súa representación.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa

Club de Campo de Vigo

Ano 1999

CategoríasSalario brutoGrat. Vol. Absorb.

* Persoal administrativo
Xerente264.8680
Oficial 1ª124.12314.509
Oficial 2ª102.9870
Auxiliar administrativo79.4830
Aspirante administrativo (17 anos)50.7430
Aspirante administrativo (16 anos)31.5760

* Persoal subalterno
Conserxe94.62912.383
Axudante de conserxe93.3980
Porteiro78.8970
Mozo dos recados de 17 anos54.3540
Mozo dos recados de 16 anos31.5760
Coidador de pistas93.3980

* Persoal obreiro
Xardineiro100.4880
Vixilante nocturno93.3980
Especialista93.3980
Peón85.4830
Encargada de limpeza88.13239.276
Limpadora88.1320

* Persoal bar-restaurante
Encargado186.02621.112
Subencargado133.43021.112
Camareiro93.3980
Axudante de camareiro78.8970
Aprendiz de camareiro (17 anos)50.7430
Aprendiz de camareiro (16 anos)31.5760
Xefe de cociña146.6870
Cociñeiro113.0060
Axudante de cociña88.1320
Pinche de cociña88.1320
Pinche de cociña (17 anos)50.8440
Pinche de cociña (16 anos)31.5600

Vigo, 10 de maio de 1999.