Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da construcción.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para o sector de construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-3-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio en data 26-3-2000. De conformidade co disposto no artigo 30, cláusula de garantía salarial, do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo

da construcción

Asistentes:

UGT:

Guillermo Simón López.

José C. Rodríguez del Río.

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

Laureano Barros Salgueiro.

Marcos González Oliveira.

APEC:

Anselmo Hernández Luján.

José M. Conde Roque.

Asesora:

Yolanda Carballo Muñoz.

En Vigo o 26 de xaneiro de 2000, na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), previamente convocados reúnense as persoas que figuran arriba nas representacións que se indican co obxecto de proceder á revisión das táboas salariais correspondentes ó ano 1999, en virtude da cláusula de garantía salarial prevista no artigo 30 do convenio colectivo provincial para o sector da construcción, táboas que entrarán en vigor con efectos do 1 de xaneiro do ano 2000 e servirá de base para a negociación das retribucións salariais do convenio colectivo provincial do dito ano.

Os conceptos que se revisarán serán os seguintes:

-Táboa salarial (documento anexo).

-Retribución do contrato para a formación, recollida no artigo 18, 3.5. do convenio colectivo, así a retribución será a seguinte:

De 16 a 17 anos: 74.587 ptas.

De 18 a 24 anos: 91.688 ptas.

-Desgaste de ferramentas (Art. 37): 85 ptas.

-Pezas de roupa de traballo (Art. 38): 4.123 ptas.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión.

Táboa de salarios 1999

Complemento extrasalarial

Nivel

Salario

14 pagas

iguais

Día

Mes

Total anual

Hora extra

sen

complementos

II163.16760512.1002.417.4382.271

III-IV127.50560512.1001.918.1701.775

V118.91660512.1001.797.9241.655

VI115.29560512.1001.747.2301.605

VII114.88460512.1001.741.4761.599

VIII114.62960512.1001.737.9061.596

IX112.67960512.1001.710.6061.569

X110.49160512.1001.679.9741.538

XI-XII109.30160512.1001.663.3141.522

XIII 74.621413 8.2601.135.554

Artigo 18º.-Contrato para a formación.

3.5º.-Retribución:

De 16 a 18 anos: 74.587 ptas.

De 18 a 24 anos: 91.688 ptas.