Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L. co seu persoal de limpezas industriais na central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L., co seu persoal de limpezas industriais na central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (código 1503042) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-2-2000 e posteriormente rectificado con data do 17-3-2000, subscrito pola parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 21-2-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L.

co seu persoal de limpezas industriais en central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez. Vixencia: 1999

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo será de aplicación ó persoal de Vulcarol, S.L. dedicado á limpeza industrial da central térmica e mina de Endesa nas Pontes de García Rodríguez.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999.

Quedará automaticamente denunciado a partir do día 1 de novembro de 1999 podéndose iniciar a partir desta data a negociación dun novo convenio.

Será prorrogado en tódolos seus conceptos mentres non se logre un acordo expreso nas novas negociacións.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas neste convenio forman un todo orgánico indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente en cómputo anual, sen que caiba a aplicación illada dalgunha das partes.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensan e absorben tódalas existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

Os aumentos ou retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás pactadas neste convenio cando, consideradas en cómputo anual, superen a estas.

En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, subsistindo este convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de interpretación.

Para a correcta interpretación e vixilancia do convenio crearase unha comisión mixta de interpreta

ción formada polo comité de empresa e a súa representación que tomou parte nas deliberacións. A comisión será presidida por quen esta designe en cada sesión. Será secretario un vocal, igualmente nomeado para cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez en cada unha das dúas representacións.

A comisión reunirase no prazo máximo de quince días desde a súa convocatoria e cantas veces sexa necesaria para resolve-los problemas referentes á aplicación e interpretación do convenio, e as súas resolucións terán carácter vinculante.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas da seguinte forma:

Xornada continuada:

Luns a mércores de 7 a 15 horas.

Xoves e venres de 7 a 14 horas.

Xornada partida:

Luns a mércores de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 18 horas.

Xoves e venres de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 17 horas.

O persoal en xornada partida pasará a xornada continuada durante o período de 15 de xuño a 14 de setembro.

O persoal a xornada continuada disporá de 20 minutos de descanso para bocadillo que terá a consideración de tempo traballado.

Os traballadores afectados por este convenio disporán de 15 minutos á saída do traballo para asearse.

Se durante a vixencia deste convenio se reducise a xornada semanal de Endesa (As Pontes de García Rodríguez), e sempre que esta non sexa inferior a 37 horas semanais, adaptaríase a xornada con base en tal reducción.

Artigo 7º.-Retén de garda.

Os sábados, domingos e festivos haberá un retén de persoal de garda, nomeado pola empresa, no caso de non existir voluntarios suficientes, con horario de 7 a 13 horas e descanso luns e martes.

Por cada sábado, domingo ou festivo traballado percibirán unha prima de 3.678 ptas., se ben poderán optar por percibi-la prima e dous días de descanso ou só tres días de descanso. O terceiro día de descanso cobrarase da mesma maneira que un dos outros dous.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais. Os maiores de 50 anos desfrutarán de 31 días.

A retribución será a do salario real correspondente á xornada ordinaria, exceptuándose os complementos de distancia e transporte. Empresa e comité con

feccionarán un calendario de vacacións procurando que tódolos traballadores desfruten estas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Os traballadores que se incorporen á empresa ó longo do ano desfrutarán a parte proporcional de vacacións que lles correspondan. Obrigatoriamente desfrutaranse dentro do ano natural, non podendo ser compensadas en metálico nin acumuladas para os anos sucesivos.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador, avisando coa debida antelación e posterior xustificación, terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días por enfermidade grave de familiar de primeiro grao. Asimílase ó primeiro grao á parella con quen se conviva.

c) 4 días por falecemento de familiar en primeiro grao; 2 días por falecemento de familiar en segundo grao; 1 día por falecemento de familiar en terceiro grao.

d) 6 días por nacemento de fillo.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando cursen estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

g) Ó tempo imprescindible para recibir asistencia sanitaria, debendo de xustificarse adecuadamente o tempo de permanencia. O traballador terá dereito ó cobramento de complementos polo tempo que xustifique de permanencia en consulta.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) 1 día para a renovación do permiso de conducir.

j) 1 día para a renovación do DNI.

k) 1 día para o recoñecemento médico anual.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base é o que establece para cada categoría na táboa salarial anexa. O salario base devéngase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento persoal por antigüidade consistirá en tres bienios do 5% do salario base e posteriores quinquenios do 7% do salario base. Respectarase o establecido no Decreto lexislativo 1 do 24-3-1995 que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo traballador afectado por este convenio terá dereito a percibir 2 pagas extraordinarias por importe cada una delas de 102.119 ptas. ou a parte proporcional ó tempo traballado segundo o seu período de devengo. Estas pagas denominaranse de verán e Nadal.

A paga de verán devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no primeiro semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de xullo.

A paga de Nadal devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no segundo semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de decembro.

Artigo 13º.-Participación nos beneficios.

Coa nómina do mes de febreiro percibirase unha gratificación por participación nos beneficios consistente na cantidade de 102.119 ptas.

Devengarase do día 1 de xaneiro ó 31 de decembro, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 14º.-Complemento de actividade.

Percibirase para cada categoría, segundo táboa salarial e por día efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Complemento de transporte e distancia.

Por día efectivo de traballo percibirase o complemento extrasalarial denominado complemento de transporte e distancia, na contía de 891 ptas.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade.

O traballador que realice a súa xornada de traballo entre as 22 e as 6 horas percibirá en concepto de nocturnidade a cantidade de 986 ptas. por xornada efectivamente traballada.

Artigo 17º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

Pola excepcional toxicidade, penosidade e perigo que concorra en determinados postos de traballo percibirase un complemento na contía de 1.883 ptas. por xornada efectivamente traballada. Aboarase a parte proporcional no que exceda de 8 horas.

Percibirase o complemento nos seguintes traballos:

-Limpeza interior do silo de cinzas.

-Conducto de gases de saída e circulación.

-Limpeza interior da caldeira.

-Traballos en rodetes e pista de aros.

-Manta e alimentadores.

-Colectores e precipitadores.

Así como en todos aqueles que legalmente se determine o dereito á súa percepción.

Artigo 18º.-Complemento de mina.

O persoal que realice o seu traballo na mina percibirá por día traballado a cantidade de 1.495 ptas., inclúese nesta cantidade o desprazamento.

Artigo 19º.-Complemento de central.

O persoal que preste os seus servicios na central térmica percibirá un complemento por día traballado de 440 ptas.

Artigo 20º.-Complemento de pistola.

Por día efectivamente traballado con pistola de auga a presión percibirase un complemento de 528 ptas.

Os seguintes traballos equipararanse, para efectos económicos, ó manexo de pistola de auga a presión:

-Aspirado de caldeira.

-Aspiración con equipo Munkebo.

-Pistoleado con hidrolimpadora de presión.

Artigo 21º.-Complemento de varredora e outros complementos.

Os peóns que manexen varredoras automóbiles percibirán por día efectivo de traballo no dito posto un complemento de 332 ptas.

Os traballos realizados nos postos denominados planta 2 de trituración, pozo de trituración, galerías (desde trituración a planta 6, e desde trituración a separación magnética), varanda de control, gorros chineses de cinza e cintas transversais de parque de carbóns, devengarán un complemento por día traballado de 220 ptas.

Pola excepcional toxicidade, o complemento devengado na planta 6 será de 340 ptas. por día traballado.

Artigo 22º.-Traballos especiais e paradas programadas.

1. Caldeiras.

Os traballos especiais de caldeira realizaranse en dúas quendas de traballo diarias. Pola limpeza interior da caldeira completa percibirase unha prima de 70.624 ptas. ou a parte proporcional ó tempo traballado na dita limpeza. Independentemente percibirase o complemento tóxico, penoso e perigoso.

2. Escavadoras e amontoadoras.

A limpeza de escavadoras e amontoadoras farase cos traballadores que habitualmente traballan na mina. Realizarase cos que estean.

Pola realización destes traballos aboaranse 24 horas extras por máquina, cando se realicen en sábados, domingos ou festivos.

As horas de espera pagaranse a 1.160 ptas., non entrando no cómputo das 24 horas mencionadas anteriormente.

A prima por máquina completa será de 5.053 ptas.

3. Chemineas.

Establécese unha prima de 8.243 ptas. por tódolos conceptos. Se a limpeza se realiza fóra da xornada ordinaria pagaranse as horas extras que correspondan.

4. Manta e alimentadores.

Establécese unha prima de 2.826 ptas. por operario e servicio completo.

5. Colectores e conductos de gases de saída e circulación.

Establécese unha prima de 7.253 ptas. por estes traballos.

6. Precipitadores.

Establécese unha prima de 10.865 ptas. por liña completa realizada.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxentes: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais e as necesarias por ausencias imprevistas: realización sempre e cando non sexa posible a substitución delas por contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

4. As horas extras aboaranse a razón de 1.275 ptas. e poderase compensar a razón de 1 día de descanso por cada 5 horas extras realizadas.

5. As horas extras en sábado, domingo ou festivo aboaranse a razón de 1.525 ptas./hora, podendo compensarse a razón de 1 día de descanso por cada 4 horas realizadas.

Mensualmente pasarase ó comité de empresa unha relación nominativa das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 24º.-Axuda de comida.

En concepto de suplidos establécese unha axuda de comida por importe de 917 ptas. por día traballado, para o persoal en xornada partida.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

O importe da axuda de custos completa será 5.615 ptas. cando se teña que comer e pasa-la noite fóra do domicilio habitual, 3.368 ptas. cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.894 ptas. cando se realice unha soa comida.

Artigo 26º.-Pagamento de salarios.

Os salarios serán aboados nos primeiros días do mes, dispoñendo o traballador dunha hora de permiso para cobrar sempre que o pagamento se realice por cheque ou transferencia bancaria.

Artigo 27º.-Organización do traballo.

Tendo en conta a obrigatoriedade da empresa de realizar tódolos traballos establecidos nos contratos subscritos con Endesa para a limpeza industrial de central e mina, en particular os que merecen especial mención no artigo 22º, e a adscrición do persoal afectado por este convenio a estes, convense a execución, aínda fóra da xornada normal de traballo.

A realización dos traballos fóra da xornada ordinaria de traballo farase con persoal voluntario dentro de cada categoría e especialidade, completando con traballadores de libre designación cando os voluntarios non foran suficientes.

Ambas partes comprométense para que, tanto dentro da voluntariedade como na designación, se rote entre tódolos traballadores salvando as diferencias propias de categoría e profesión.

A empresa, sen prexuízo da capacidade de organización que lle é propia, procurará rota-los traballadores por tódolos postos de traballo propios da súa categoría.

Artigo 28º.-Traballos de superior categoría.

Todo traballador que realice traballos de superior categoría por espacio de catro meses consecutivos ou seis alternos nun período dun ano, consolidará a retribución económica ó dito posto.

Artigo 29º.-Promoción.

A empresa realizará cursos de formación e perfeccionamento do persoal, organizándoos a través dos representantes dos traballadores. Estes cursos, no caso de seren superados, servirán de mérito para valorar ascensos.

Independentemente do anterior, a empresa virá obrigada a convocar prazas de ascenso cando existan vacantes, mantendo unha relación porcentual entre as diferentes categorías. Acórdase crear unha comisión formada por dous representantes de cada unha das partes negociadoras do convenio, para, conxuntamente, definir porcentaxes.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes coa seguinte cobertura:

-Por falecemento derivado de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.954.935 ptas.

-Por incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 4.519.926 ptas.

A empresa, no prazo dun mes contado desde a sinatura deste convenio, actualizará as pólizas de referencia.

Artigo 31º.-Anticipos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo realizado, podendo chegar ata o 90% do salario mensual devengado. Consideraranse datas hábiles para a súa solicitude os días 15 a 20 de cada mes, debendo solicitarse con, polo menos, un día laborable de antelación.

Artigo 32º

1. Aboamento incapacidade temporal por EC ou AT.

En caso de IT por enfermidade común, a empresa completará as prestacións ata o 100%, a partir do 8º día, dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, complementos de actividade, complemento de mina e/ou complemento central, pagas extraordinarias e de participación en beneficios.

O complemento terá efectos sempre que as ausencias por IT non superen o 3% en caso contrario o complemento aplicarase a partir do 15º día de baixa.

No suposto de baixa por accidente de traballo ou enfermidade profesional darase o mesmo tratamento desde o primeiro día, pero respectando, en todo caso, as condicións máis favorables economicamente, se a contribución da Seguridade Social supera a garantía anterior. Este mesmo criterio aplicarase nos casos de baixa con hospitalización, mentres permaneza internado.

2. Incapacidade permanente.

O persoal que cause baixa na empresa por incapacidade permanente, total ou absoluta, será substituído por outro traballador co mesmo carácter.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará a tódolos traballadores, desde o primeiro día de traballo, a roupa de protección e hixiene necesarias. Estas pezas de roupa daranse igualmente ó persoal que estea de baixa por enfermidade ou accidente. A cada traballador faráselle entrega de:

-1 chaqueta de auga acolchada.

-1 funda (2 central).

-1 traxe de faena.

-2 toallas de baño.

-12 pastillas de xabón Heno de Pravia de 125 gramos.

-1 par de zapatos de seguridade de coiro, cada seis meses.

-1 camisa de verán.

Entregarase unha funda a cada traballador que realice unha caldeira completa, rodete e graxa.

Artigo 34º.-Xubilación.

Establécese a idade de 65 anos como xubilación obrigatoria, o persoal que se xubile coa citada idade será substituído por outro traballador contratado con carácter estable.

No relativo á xubilación ós 64 anos haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente, compensándose con 340.011 ptas.

Establécese un premio por xubilación anticipada para os traballadores cunha antigüidade mínima de sete anos que decidan xubilarse voluntariamente de acordo coa seguinte escala, sempre que a xubilación supoña a amortización do posto de traballo:

Ós 60 anos: 566.686 ptas.

Ós 61 anos: 510.017 ptas.

Ós 62 anos: 453.579 ptas.

Ós 63 anos: 396.680 ptas.

Artigo 35º.-Préstamos reintegrables.

O persoal fixo poderá solicitar da empresa a concesión de préstamos reintegrables.

Estes préstamos terán como finalidade axudar ós traballadores nos supostos de gastos imprevistos ou extraordinarios e para tal efecto se dotará un fondo social con 2.629.399 ptas.

Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán un límite de 131.860 ptas. por traballador.

Quedará a criterio da empresa a concesión ou non dos préstamos, así como o prazo de amortización, que non poderá supera-los dous anos.

Artigo 36º.-Garantías sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán da reserva de horas mensuais que establezan as leis para o desenvolvemento das súas funcións de representación.

As horas poderán acumularse nun ou varios membros do comité, non computándose dentro do crédito horario as investidas na negociación de convenio ou a petición da empresa.

Artigo 37º.-Cota sindical.

A empresa, a petición dos traballadores afiliados a unha central sindical, descontará en nómina o importe da cota mensual de afiliación, que será posta á disposición das centrais por esta. A solicitude será por escrito e permanecerá vixente mentres tanto non se comunique o contrario.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun máximo de 5 horas ó ano para asembleas, dúas das cales non poderán coincidir en ningún caso en xoves ou venres.

Artigo 39º.-Emprego.

Mentres se manteña a actual carga de traballo derivada da relación contractual con Endesa para a limpeza industrial da central térmica e a mina, garantirase ad personam o emprego do persoal procedente de FCC, durante a vixencia deste convenio.

En todo caso, a empresa comprométese a utiliza-los mecanismos establecidos no Decreto lexislativo 1 do 24-3-1995 que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Non hai lugar para a revisión salarial.

Artigo 41º.-Seguridade e hixiene.

En materia de prevención de riscos e saúde laboral haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Artigo 42º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade a este convenio, desfrutaran de mellores condicións consideradas no seu conxunto en cómputo anual que as aquí pactadas, conservaranas.

Cláusulas adicionais.

Primeira.-Para o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña.

Segunda.-Os atrasos que deriven da aplicación deste convenio serán satisfeitos como máximo coa nómina do mes de abril.

Terceira.-No suposto de negociarse e que se chegue a asinar un convenio colectivo das empresas auxiliares de Endesa das Pontes de García Rodríguez no que participe na comisión negociadora a parte empresarial de Vulcarol, S.L. producirase a adhesión a este, sempre que así o decida a asemblea de traballadores deste centro de traballo, respectándose as condicións máis beneficiosas que a xuízo dos traballadores existan no actual convenio.

Táboa salarial ano 1999

ConceptosCapatazXefe de equipoOficial de 1ªOficial de 2ªPeón especialPeón ordinario

Salario base3.4973.3573.3573.2393.1203.001

Complemento actividade1.5881.5881.5881.5881.5511.551

Complemento distancia Transp.891891891891891891

Complemento central440440440440440

Complemento mina1.4951.4951.4951.4951.495

Pagas extras102.119102.119102.119102.119102.119

Paga beneficios102.119102.119102.119102.119102.119

Retén fin de semana3.6783.6783.6783.6783.678

Complemento nocturno986986986986986

Complemento tóxico e perigoso1.8831.8831.8831.8831.883

Complemento pistola presión528528528528528

Complemento varredora---332332

Complemento trituración-Art. 21220220220220220

Complemento especial planta 6340340340340340

Prima caldeira completa70.62470.62470.62470.62470.624

Prima Escav. e amontoadora5.0535.0535.0535.0535.053

H. espera Escav. e amontoadora1.1601.1601.1601.1601.160

Prima chemineas8.2438.2438.2438.2438.243

Prima manta e Aliment.2.8262.8262.8262.8262.826

Prima traballos Art. 22.5º7.2537.2537.2537.2537.253

Prima precipitadores10.86510.86510.86510.86510.865

Axuda comida917917917917917

Hora extra normal1.2751.2751.2751.2751.275

Hora extra festiva1.5951.5951.5951.5951.595

Xubilación anticipada

Ós 60 anos: 566.686 ptas.

Ós 61 anos: 510.017 ptas.

Ós 62 anos: 453.579 ptas.

Ós 63 anos: 396.680 ptas.

Ós 64 anos: 340.011 ptas.

Préstamos reintegrables

Fondo: 2.629.399 ptas.

Importe: 131.860 ptas.

Axudas de custo:

Axuda de custo completa: 5.615 ptas.

Comida + cea: 3.368 ptas.

Comida ou cea: 1.894 ptas.

Seguro de accidentes

Falecemento: 3.954.935 ptas.

Invalidez permanente: 4.519.926 ptas.