Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio do metal.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector do comercio do metal, co número de código 3600365, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio, con data do 3-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 11 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial anexa II

Vixencia do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000.

S. mensualCuadrienioS. anual

Grupo I

Enxeñeiros e licenciados141.5327.0772.264.510
Axudantes e técnicos120.2996.0151.924.792
Practicantes99.0694.9531.585.108

Grupo II

Xefe de persoal, de vendas, de compras, encargado xeral141.5327.0772.264.510
Xefe de almacén ou sucursal120.2996.0151.924.792
Xefe de grupo106.1485.3071.698.370
Xefe de sección99.0694.9531.585.108
Encargado establecemento, vendedor, comprador99.0694.9531.585.108
Viaxante94.3524.7181.509.628
Dependente, corredor de praza91.9884.5991.471.812
Dependente maior (10% máis có dependente)
Axudante88.4564.4231.415.291
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (Art. 25 contratación)

Grupo III

Xefe administrativo127.3756.3692.038.003
Xefe de sección106.1485.3071.698.370
Contable, caixeiro99.0694.9531.585.108
Oficial administrativo94.3524.7181.509.628
Auxiliar administrativo ata 10 anos de servicio88.4564.4231.415.291
Auxiliar administrativo con máis de 10 anos de servicio91.9884.5991.471.812
Auxiliar de caixa89.6374.4821.434.199

Grupo IV

Debuxante120.2996.0151.924.792
Escaparatista110.8655.5431.773.832
Rotulista101.4285.0711.622.856
Cortador103.7845.1891.660.536
Axudante88.4564.4231.415.291
Profesión de oficio88.4564.4231.415.291
Axudante de oficio88.4564.4231.415.291
Mozo especializado88.4564.4231.415.291
Capataz88.4564.4231.415.291
Telefonista, mozo, envasador, embalador88.4564.4231.415.291

Grupo V

Conserxe, cobrador, vixilante, sereno e ordenanza88.4564.4231.415.291
Persoal de limpeza por xornada completa72.1143.6061.153.817
Persoal de limpeza por hora (incluída o rateo das 4 pagas extras)6323210.107