Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación (có

digo 2700155), da provincia de Lugo, asinado o día 17 de marzo de 2000, pola representación da Asociación de Empresarios Mayoristas de Alimentación e das centrais sindicais USO (49,3%), CC.OO. (21,1%) e UGT (12,7%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión salarial no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada revisión salarial á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de marzo de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes.

-Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios Mayoristas de Alimentación de Lugo:

Juan Bautista Prado Carreira.

Ana López Amarante.

Luis García Cabreros.

Rafael Souto Outeda.

Francisco Duarte Vázquez.

-Polas centrais sindicais:

USO (49,3%)

Manuel Expósito López.

Virginia Alonso González.

Elena Fernández López.

Manuel Silvarrey Cabado.

Benjamín Valcarce Resco.

Germán Pardo Díaz.

CC.OO. (21,1%)

Emeterio Páramo Pantón.

Manuel González Vilela.

Anselmo Sampedro Ania.

UGT (12,7%)

Fernando Teijeiro Valledor.

Pastor Fuenteseca Díaz.

En Lugo, sendo as 12 horas do día 17 de febreiro de 2000, reúnense nos locais da CEL (praza de Santo Domingo, nº 6-8, 2º de Lugo) as persoas á marxe relacionadas, todas elas integrantes da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial de Comercio de Alimentación da provincia de Lugo co obxecto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000

ata o 31 de decembro de 2000, conforme o previsto no parágrafo segundo do artigo 12 do convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo, vixente.

Despois das deliberacións pertinentes, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa salarial anexa, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2000.

Segundo.-Os atrasos por diferencia de salarios, producidos como consecuencia da publicación da táboa salarial aprobada pola presente acta faranse efectivos nos 30 días seguintes á publicación da táboa salarial no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Remiti-la presente acta e a táboa salarial anexa á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta os á marxe citados, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Táboa salarial convenio de comercio de alimentación de Lugo

Vixencia: 1-1-2000 ó 31-12-2000

Categoría profesionalSoldo

mensual

Compl.

Transp.

Retr.

anual

Ant. Consol.

Cuadr./mes

Grupo I
Director115.9063831.901.4855.361
Encargado xeral108.5843831.787.9945.022

Grupo II
Xefe de división110.0473831.810.6715.090
Xefe de persoal108.5843831.787.9945.022
Xefe de compras108.5843831.787.9945.022
Xefe de vendas108.5843831.787.9945.022
Xefe de sección104.9623831.731.8534.855
Xefe de sucursal ou supermercado101.8673831.683.8814.711
Xefe de almacén101.8673831.683.8814.711
Xefe de grupo101.8673831.683.8814.711
Encargado establecemento, vendedor, comprador96.3523831.598.3984.456
Xefe administrativo103.9583831.716.2914.808
Xefe de sección administrativa99.7713831.651.3934.614
Xefe de sección servicios98.3793831.629.8174.550

Grupo III
Corredor de praza ou vixilante94.5343831.570.2194.372
Dependente95.9123831.591.5784.436
Dependente maior102.6523831.696.0484.748
Axudante87.9063831.467.4854.066
Contable97.0803831.609.6824.490
Oficial administrativo ou operador de máquinas contables95.9123831.591.5784.436
Auxiliar administrativo ou perforista87.7633831.465.2694.059
Profesional de oficio de 1ª93.3433831.551.7594.317
Profesional de oficio de 2ª91.0213831.515.7684.210
Mozo especializado87.7633831.465.2694.059
Mozo84.1673831.409.5313.893
Empaquetadora84.1673831.409.5313.893
Cobrador92.4633831.538.1194.276
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro84.1673831.409.5313.893
Auxiliar de caixa85.8023831.434.8733.968

NOTA: para efectos de cálculo da retribución anual, tense en conta o complemento por 274 días