Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector do comercio da pel.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector do comercio da pel, con nº de código 3600335, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-3-2000, suscrito pola comisión paritaria do convenio con data do 2-3-2000, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial anexa para o ano 2000

CategoríasSalario mensual

Grupo I
Enxeñeiros e licenciados119.357
Axudantes técnicos101.438
Practicantes90.494

Grupo II
Xefe de persoal113.390
Xefe de vendas113.390
Xefe de compras113.390
Encargado xeral113.390
Xefe de almacén101.438
Xefe de sucursal101.438
Xefe de grupo101.438
Xefe de sección90.735
Encargado de establecemento, vendedor, comprador90.132
Viaxante90.735
Corredor de praza85.639
Dependente90.373
Dependente maior99.147
Axudante83.895
Traballadores en formación: 85% do salario da categoría para a que se vai formar (artigo 21º.-Contratación)

CategoríasSalario mensual

Grupo III
Xefe administrativo105.248
Xefe de sección97.824
Contable, caixeiro, taquimecanógrafo90.132
Oficial administrativo107.419
Auxiliar de caixa90.132
Auxiliar administrativo90.132

Grupo IV
Debuxante101.756
Escaparatista90.132
Rotulista90.132
Cortador90.132
Axudante de cortador90.132

Grupo V
Persoal de limpeza: a razón de614 ptas./hora

Profesionais de oficio: nas demais categorías non previstas nesta táboa, faranse as asimilacións que correspondan.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un complemento de transporte que para o ano 2000 será de 8.222 pesetas mensuais, efectuándose o seu devengo en 12 pagas.

En todo caso, este complemento terá a consideración de concepto extrasalarial para tódolos efectos, polo que non se computará para o cálculo de antigüidade consolidada, gratificacións extraordinarias, etc. e tampouco se percibirá cando o traballador se encontre en situación de incapacidade temporal, quedando, así mesmo, exento de cotización á Seguridade Social.

Vigo, 2 de marzo de 2000.