Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores de madeiras.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 1999, táboas salariais para o ano 2000 e axuste da xornada laboral do convenio colectivo do sector de rematantes y aserradores de madeiras, con nº de código 3601075, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-3-2000, subscrito pola comisión paritaria, en data 1-3-2000, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CC.OO.:

Francisco Estévez Rodríguez.

UGT:

José Carlos Rodríguez del Río.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Representación empresarial:

Antonio Luis Pérez Giménez.

Jesús Baquero Moreira.

Álvaro Pereira Fernández.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezaoito trinta horas do día un de marzo de dous mil, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de rematantes e serradores de madeiras da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no artigo 25 do convenio, confecciona-las táboas salariais para o ano 2000 e establece-los festivos de convenio para axusta-la xornada laboral ás 1.800 horas anuais establecidas. Asisten os señores arriba indicados.

Para 1999 o convenio colectivo establece un incremento salarial do 2,4%. O IPC o 31 de decembro de 1999 rexistrou un incremento respecto do 1 de xaneiro, do 2,9%, polo que en aplicación do artigo 25 do convenio debe efectuarse unha revisión salarial do 0,5% que se pagará con efectos do 1 de xaneiro de 1999, de acordo coa táboa salarial anexa:

ANEXO I

Táboa salarial de 1999

Salario baseCompensación

antigüidade

Retribución

total

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral94.6172.93097.547

Encargado de sección e de producción92.6762.93095.606

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e conductor de camión92.0182.93094.948

Oficial de 2ª, aserrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carreteiro e operario de pa89.0762.93092.006

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, cortador e garda86.0402.93088.970

Peón, medidor e especialista de secadoiro85.3832.93088.313

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos80.7512.93083.681

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas102.0332.930104.963

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador95.3102.93098.240

Salario baseCompensación

antigüidade

Retribución

total

Oficial de 1ª, delineante técnico auxiliar, operador90.0532.93092.983

Viaxante e corredor de praza88.2882.93091.218

Auxiliar administrativo, telefonista84.1992.93087.129

A seguir, elabóranse as táboas salariais para o ano 2000 segundo o establecido no artigo 24 do convenio colectivo, onde figura un incremento salarial do IPC real de 1999 máis un punto, é dicir, un 3,9% sobre a táboa salarial vixente o 31 de decembro de 1999.

Salario baseCompensación

antigüidade

Retribución

total

Persoal de fábrica e monte

Encargado xeral98.3074.395102.702

Encargado de sección e de producción96.2904.395100.685

Oficial de 1ª, xefe de grupo, serrador de 1ª, galerista de 1ª, afiador e conductor de camión95.6074.395100.002

Oficial de 2ª, serrador de 2ª, galerista de 2ª, tronzador mecánico, motoserrista, tractorista, carreteiro e operario de pa92.5504.39596.945

Axudante de afiador, axudante de serrador, serrador de serra circular, cortador e garda89.3964.39593.791

Peón, medidor e especialista de secadoiro88.7134.39593.108

Aprendiz ou pinche de 16 e 17 anos83.9004.39588.295

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, xefe de oficina técnica, analista programador ou de sistemas106.0124.395110.407

Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador99.0274.395103.422

Oficial de 1ª, delineante técnico auxiliar, operador93.5654.39597.960

Viaxante e corredor de praza91.7314.39596.126

Auxiliar administrativo, telefonista87.4834.39591.878

Por último, trátase o tema da xornada laboral, recollida no artigo 16 do convenio colectivo, que establece que a xornada máxima ordinaria será, en cómputo anual, de 1.800 horas de traballo efectivo. Co obxectivo de axusta-la xornada laboral a esas 1.800 horas, acórdase considerar como non laborable e retribuído o día 17 de maio con vixencia para o ano 2000. O artigo 17 (días festivos) queda redactado como segue:

1. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para 2000, considerarase como non laborable e retribuído o día 17 de maio.

2. Se algún concello da provincia sinalase como festivo local un día non laborable, ou coincidise co día anteriormente referido, establécese como festivo na súa substitución, o día laborable inmediatamente seguinte.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no punto 1 poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezanove horas do día arriba indicado.