Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de marzo de 2000 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 2000-2001 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

Pola súa vez, a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros. Indica que, periodicamente, o profesorado deberá realizar actividades de actualización científica, didáctica e profesional nos centros docentes, en institucións formativas específicas, nas uni

versidades e, no caso do profesorado de formación profesional, tamén nas empresas.

A mesma lei mencionada, na disposición adicional terceira, indica que as administracións educativas, co fin de asegura-la necesaria calidade do ensino, proverán os recursos necesarios para a inclusión nos planos institucionais de formación permanente do profesorado de licencias por estudios ou outras actividades para asegurar a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

No momento actual de implantación xeneralizada do novo sistema educativo, cobra unha especial importancia e urxencia a formación do profesorado a través de períodos longos nos que se reforce, complete ou actualice a súa formación inicial. Nalgúns colectivos a formación programada a través de cursos curtos e puntuais non parece suficiente, polo que se considera conveniente ofertar esta modalidade de formación de máis longa duración para favorecer que os profesionais amplíen a formación na súa especialidade, realicen proxectos de investigación, e mesmo acaden unha nova titulación, especialmente naqueles casos nos que é esixida pola normativa vixente.

Por todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Convocatoria

Artigo 1º

Convócanse licencias por estudios para o curso 2000-2001, dirixidas a funcionarios docentes de carreira que pertenzan ós corpos detallados no seguinte artigo, destinados actualmente e durante o próximo curso 2000-2001 en centros docentes e en equipos de orientación específica dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións, a distribución por corpos e modalidades que se establecen e relacionan no anexo I desta orde.

Candidatos

Artigo 2º

Os corpos ós que se refire o artigo precedente son os que se detallan a continuación:

a) Mestres.

b) Profesores de ensino secundario.

c) Profesores técnicos de formación profesional.

d) Profesores de artes plásticas e deseño.

e) Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

f) Catedráticos de música e artes escénicas.

g) Profesores de música e artes escénicas.

h) Profesores de escolas oficiais de idiomas.

i) Corpos e escalas docentes declaradas a extinguir.

Condicións

Artigo 3º

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servicio activo e prestando servicios ininterrompidos durante os cursos 1998-1999 e 1999-2000 e no 2000-2001 seguiren tendo destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ter, como mínimo, cinco anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos e escalas ás que se alude no artigo primeiro desta orde, dos que, cando menos, tres fosen exercidos no corpo actual. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 11º.4 da presente convocatoria.

4. Non estar destinado en adscrición temporal no exterior durante o curso 1999-2000 nin durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 11º.4 da presente convocatoria.

5. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutorio no período de desfrute da licencia por estudios.

6. Obter como mínimo catro puntos no epígrafe 1.2 do baremo que figura no anexo IV a esta convocatoria.

7. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

8. O desfrute dunha licencia por estudios é incompatible con cursos de especialización, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro para profesorado de inglés e de francés; polo que, se un solicitante obtén praza en calquera destas convocatorias, deberá notificalo con carácter de urxencia e por escrito ó director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Solicitudes e documentación

Artigo 4º

Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido nos artigos 6º e 7º.

Artigo 5º

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VII, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 31 de agosto ou o 30 de setembro de 2000, segundo se trate de funcionarios do corpo de mestres ou dos restantes corpos indicados no artigo 2º.

2. Proxecto de estudios ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licencia, segundo o contido no anexo III. Unicamente se poderá solicitar unha das modalidades.

3. No caso de solicitudes de licencias por estudios para obter por primeira vez o título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou estudios equivalentes; diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou estudios equivalentes, deberá presentarse promesa ou declaración xurada de non ter previamente unha titulación equivalente.

4. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

5. No caso das licencias por cuadrimestres (modalidade 3) deberase especifica-lo cuadrimestre que se prefire; de non facelo, adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

6. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

7. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo ó que se refire o artigo sexto da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Artigo 6º

As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre

aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da Inspección

Artigo 7º

No mesmo prazo de presentación da documentación citada no artigo anterior, independentemente dela, o profesorado que solicite licencia deberá presentar, no Servicio de Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente de acordo co anexo VI a esta orde.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estudios (anexo II).

Artigo 8º

1. Vistas as solicitudes, os servicios de Inspección de Educación emitirán informe, segundo o modelo recollido no anexo VI da presente convocatoria, e deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos quince días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no artigo sexto.

2. O dito informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

3. O informe dos profesores solicitantes que estean destinados en comisión de servicios, liberados sindicais, etc. referirase ó período docente anterior ó destino en comisión de servicios.

4. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de 0 a 1,5 puntos, segundo se especifica no apartado 2.2 do anexo IV.

Comisión de selección

Artigo 9º

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ou persoa en quen delegue, que será o presidente.

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-Catro membros da Inspección de educación.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Persoal.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente nomeará un representante, que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante sindical será comunicado ó presidente da comisión de selección.

3. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos epígrafes 2, 3 e 5 do baremo do anexo IV. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

4. Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria

Artigo 10º

A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria e tendo en conta, ademais, os seguintes criterios prioritarios, para efectos de outorga-la puntuación correspondente:

1. Nas modalidades 1 e 2 (primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes) daráselles prioridade a aquelas solicitudes relacionadas con algunha das distintas áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria, materias do bacharelato ou módulos dos ciclos formativos así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

Excluiranse os solicitantes que no momento de presenta-la documentación:

a) Teñan só pendente unha ou dúas materias para remata-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes.

b) Teñan pendente, para rematar, ademais dun curso completo (ou número equivalente de materias) outras tres ou máis materias.

Para estes efectos consideraranse superadas tódalas materias das que o solicitante estea matriculado no momento de presenta-la documentación ata un máximo dun curso completo.

Considerarase como unha materia aquela que ten a duración dun curso académico ou entre doce e quince créditos. A comisión poderá face-las equivalencias pertinentes segundo a duración deles.

2. Na modalidade 3, licencias de proxectos, estes centraranse en traballos de investigación directamente relacionados co ámbito de traballo docente dos solicitantes e coas necesidades derivadas da implantación do novo sistema educativo, tendo en conta o seguinte:

a) Realizaranse, preferentemente, sobre algún dos seguintes ámbitos:

-Elaboración de materiais curriculares relacionados coas áreas de educación secundaria obrigatoria.

-Atención á diversidade.

-Orientación educativa, psicopedagóxica e profesional .

-Mellora da calidade da educación.

-Dirección e organización dos centros docentes.

-Aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ás áreas, materias e módulos do currículo.

-Temas transversais do currículo no ensino non universitario.

-Mellora da competencia comunicativa nas linguas estranxeiras. Neste caso, primarase a inmersión lingüística nun país da Unión Europea, para adquiri-lo dominio da súa lingua e coñece-la súa realidade sociocultural.

b) No caso en que o proxecto de investigación ou innovación, nesta modalidade, sexa realizado por un equipo, só poderá dispoñer de licencia retribuída o/a coordinador/a del.

c) A elaboración do proxecto deberá facerse segundo se indica no anexo III.

d) A comisión poderá convoca-los interesados para a realización dunha entrevista.

3. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no epígrafe 1.2 do baremo.

b) Maior puntuación no epígrafe 2.1 do baremo.

4. En ningún caso poderá excederse o número total de licencias establecido coa distribución indicada no anexo I.

Artigo 11º

1. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, así como na páxina web da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/sformp/sfm11.htm, abríndose un prazo de dez días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez resoltas as reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da concesión de licencias por estudios, xunto coa acta ou actas definitivas nas que se indicarán as valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

2. No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Artigo 12º

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará a resolución definitiva de licencias por estudios no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

2. Unha vez resolta a presente convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, salvo casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

4. No caso de que un profesor obtivese simultaneamente un posto en réxime de comisión de servicios, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria concederá a licencia ou ben a comisión atendendo ás necesidades do servicio.

5. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses, desde a data do remate da súa presentación.

Períodos de duración das licencias por estudios.

Artigo 13º

1. O período improrrogable de duración das licencias dun curso completo será, como máximo, do 1

de setembro de 2000 ó 31 de agosto de 2001, para o profesorado de educación infantil e de educación primaria, e desde o 15 de setembro de 2000 ó 14 de setembro de 2001, para o profesorado de ensino secundario e de ensinos do réxime especial.

2. Nas licencias cuadrimestrais da modalidade 3, a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

a) Para o profesorado de educación infantil e de educación primaria:

-Primeiro cuadrimestre: do 1 de setembro de 2000 ó 31 de decembro de 2000.

-Segundo cuadrimestre: do 1 de xaneiro de 2001 ó 30 de abril de 2001.

-Terceiro cuadrimestre: do 1 de maio de 2001 ó 31 de agosto de 2001.

b) Para o profesorado de ensino secundario e do réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre: do 15 de setembro de 2000 ó 14 de xaneiro de 2001.

-Segundo cuadrimestre: do 15 de xaneiro de 2001 ó 14 de maio de 2001.

-Terceiro cuadrimestre: do 15 de maio de 2001 ó 15 de setembro de 2001.

3. Cando a licencia por estudios fose solicitada para poder desfrutar dunha bolsa concedida por algún organismo oficial, e o período de duración non coincida co do curso académico 2000-2001, poderá autorizarse o desfrute desta durante doce meses consecutivos, sen pasar, en ningún caso, a data do 31 de decembro de 2001, e sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Documentación xustificativa

Artigo 14º

Ó longo do período de licencias por estudios, os profesores beneficiarios presentarán perante o Servicio de Formación do Profesorado da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte documentación:

1. Para as modalidades 1 e 2 enviarase:

a) Durante o mes de outubro de 2000, orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante da matrícula no centro no que se realizarán os estudios e pagamento das taxas dela.

b) Certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor referido ata o 15 de marzo de 2001 que se remitirá entre o 16 e o 31 do dito mes, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, se é o caso.

c) Para a modalidade 3, ó ser cuadrimestral, enviarase do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia, resume do traballo realizado ata esa data.

2. No prazo dun mes, contado desde a finalización do período da licencia por estudios, e como documentación xustificativa dela, enviarase, segundo a modalidade, a seguinte documentación:

a) Para as modalidades 1 e 2: certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada dos estudios realizados.

b) Para a modalidade 3: un orixinal do proxecto realizado.

3. Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das licencias, reunirase a comisión para face-la avaliación delas. O resultado acadado comunicaráselle ós interesados por escrito.

Situación administrativa e compromisos dos seleccionados

Artigo 15º

Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Artigo 16º

A concesión de licencias por estudios implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada, excepto para aqueles funcionarios docentes que teñan concedida unha compatibilidade con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 17º

O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á rescisión da licencia por estudios ou á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Artigo 18º

1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional efectuará o adecuado seguimento e control dos estudios e traballos que se realicen durante o período da licencia, e poderá pedir directamente, a través de entrevista, ou por medio da Inspección Educativa, información sobre o traballo realizado e sobre o que queda pendente, de tal xeito que o incumprimento do establecido no proxecto inicial poida dar lugar á rescisión da licencia.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias e dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

3. Os autores, para poderen publicar pola súa conta os devanditos traballos, deberán solicitar e contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, facendo constar na correspondente publicación que o traballo foi realizado durante unha licencia por estudios retribuída pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta mención figurará tanto no caso de que a publicación do traballo sexa total como parcial.

4. Co fin de que as investigacións poidan ser coñecidas polo profesorado e na medida en que a súa difusión poida contribuír á mellora do ensino, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria porá á disposición dos centros que o soliciten os devanditos traballos e incorporaraos na rede de recursos.

Retirada de documentación

Artigo 19º

Durante o mes de decembro de 2000 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (rúa San Lázaro, 107, Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdéndose todo dereito sobre ela.

Artigo 20º

Autorízase á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Artigo 21º

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Número de licencias por estudios que se convocan para o curso 2000-2001 e distribución segundo as modalidades e corpos ou escalas do profesorado:

ModalidadesTódolos corpos

agás o de mestres

Corpo de mestres

1. Primeira licenciatura, enxeñería,

arquitectura ou estudios equivalentes.

(Curso completo)

340

2. Primeira diplomatura, enxeñería técnica,

arquitectura técnica ou estudios equivalentes.

(Curso completo)

10

3. Proxectos.

(Cuadrimestral)

5050

Totais6390

ANEXO III

Esquema do contido do proxecto de estudios

e documentación complementaria, segundo

a modalidade

Modalidade 1.

Primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes:

a) Escrito no que se especifiquen claramente as asignaturas que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

b) Certificación académica orixinal do curso 1999-2000, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes que solicita, na que consten, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 1999-2000.

c) Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

d) Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país, teléfono.

Modalidade 2.

Primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes:

a) Escrito no que se especifiquen claramente as asignaturas que lle faltan para obte-la diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

b) Certificación académica orixinal do curso 1999-2000, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á diplomatura, enxeñería técnica, arqui

tectura técnica ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 1999-2000.

c) Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

d) Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país, teléfono.

Modalidade 3.

Proxectos:

a) Presentarase un proxecto sobre o estudio ou traballo que se realizará durante o período da licencia no que se explicitarán: participante/s. Datos persoais e profesionais.

b) Breve descrición do traballo que se vai realizar: xustificación, obxectivos, contidos e metodoloxía que se empregará. No caso de que xa existise un traballo persoal (ou de equipo) previo, en relación co proxecto que presenta, indicará a fase na que se atopa.

c) As fases do traballo ou estudio. Temporalización prevista.

d) Os traballos ou investigacións que impliquen unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas, xuntarán certificado de conformidade da dirección do centro/s co visto e prace da Inspección Educativa ou autorización dos responsables das institucións, se é o caso.

e) O proxecto terá unha extensión máxima de 20 páxinas.

f) Expecificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo, adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

ANEXO IV

MéritosPuntos por curso

ou actividade

Total puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de estudios ou traballo.

1.1. Pola concesión da bolsa para a realización do traballo que se presenta.

1.2 Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na especialidade ou materia que se imparte.

Para as modalidades 1 e 2 a puntuación outorgarase do seguinte xeito:-Curso completo ou número de materias equivalente.-Curso completo ou número de materias equivalente menos outra materia.-Curso completo ou número de materias equivalente máis outra materia.-Curso completo ou número de materias equivalente menos dúas materias.-Curso completo ou número de materias equivalente máis dúas materias.-Curso completo ou número de materias equivalente menos tres materias.

Nota: a media entre 12 e 15 créditos é 13,50, que é o que se considera unha asignatura ou materia, de duración dun curso académico, tendo en conta o artigo décimo 1. B da orde de convocatoria.-A suma do número de créditos dividido entre 13,50, dá o número de materias ou disciplinas.

3

10

7

6

5,5

5

4,5

4

Documentos xustificativos da concesión da bolsa.

O solicitado para cada modalidade no anexo III.

2. Méritos docentes:

2.1. Servicios docentes

2.1.1. Por cada ano de servicios como funcionario de carreira:

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida:

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado:

2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata

1 punto por ano completo.

0,20 puntos por ano completo.

0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro que pode ser máis de nove meses).

Por estes tres subapartados ata 10 puntos

1,5

Folla de servicios certificada e pechada pola delegación provincial correspondente e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira (non o título de mestre, diplomado, licenciado ou estudios equivalentes).

3. Actividades de formación permanente:

3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo

Nota: para os titores de prácticas de mestres, do ICE e das universidades (prácticas de psicopedagoxía ou similar) puntuarase 0,25 puntos por cada ano

3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades:

0,25 puntos por actividade como máximo

3.3. Cursos de lingua galega:

3.3.1. Especialización

3.3.2. Perfeccionamento

3.3.3. Iniciación

(Nota: non acumulables entre si)

Ata 25 h 0,10 p

de 26 a 50 h 0,20 p

de 51 a 75 h 0,30 p

de 76 a 100 h 0,40 p

máis 100 h 0,50 p

Ata 25 h 0,05 p

de 26 a 50 h 0,10 p

de 51 a 75 h 0,15 p

de 76 a 100 h 0,20 p

máis 100 h 0,25 p

2

4

1,5

1

0,5

Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensinanzas:

Nota: a puntuación de cada publicación divídese polo número de autores.

Por libro 0,50 p

Libro Especdo. 1 p

Revta. non Espcda. 0,25 p

'' Espcda. 0,50 p

Video, cassette, CD, pintura, partitura, disquete 0,25 p

Especializados 0,50 p

3

3

3

Exemplares orixinais ou fotocopias compulsadas, nos que conste o ISBN se son libros ou ISSN se son revistas.

5. Méritos académicos:

5.1. Título de doutor

5.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado

5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia:

2 puntos

2 puntos

0,25 puntos

4

4

1

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios, se é o caso.