Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O Real decreto 373/1999, do 5 de marzo (DOG nº 57, do 24 de marzo) traspásalle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios da Seguridade Social en materia de asistencia e servicios sociais encomendados ó Instituto Social da Mariña (ISM), que foron asumidos polo Decreto 72/1999, do 5 de marzo (DOG nº 65, do 7 de abril) e asignados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Todo isto fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da devandita consellería para incorporar a ela os postos transferidos.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de marzo de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos termos que se sinalan no anexo do presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, relativo á modifiación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que

se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Observacións

(1) Funcións de coordinación.

(2) Ocupado por funcionario.

(3) Con Compl. de destino e específico de nivel 14.

(4) Destino: Casa do Mar.

(5) Destino: Ferrol.

(6) Destino: Noia.

(7) Destino: Lira-Carnota.

(8) Destino: Muxía.

(9) Destino: O Barqueiro-Bares.

(10) Destino: Corme.

(11) Destino: Fisterra.

(12) Destino: Corrubedo.

(13) Destino: Palmeira.

(14) Destino: Burela.

(15) Destino: Celeiro.

(16) Destino: Vilagarcía de Arousa.

(17) Destino: Aldán (Cangas).

(18) Destino: A Guarda.

(19) Destino: Moaña.