Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Polo Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro (DOG nº 10, do 16 de xaneiro) establécese a estructura orgánica

da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para adaptala á nova estructura de Xunta de Galicia e dos seus departamentos, fixadada polos decretos 347/1997, do 9 de decembro e 351/1997, do 10 de decembro. Pola súa parte o decreto 15/2000, do 20 de xaneiro (DOG nº 19, do 28 de xaneiro) modifica o artigo 4 do Decreto 8/1998, creando o Servicio de Estudios e Pulicacións Culturais.

Todo isto fai necesario elaborar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa runión do vintetrés de marzo de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Aproba-la nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2º Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3º Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

CU.C02.00.000.15770.001

CU.C02.00.000.15770.003

CU.C03.00.000.15770.001

CU.C04.00.000.15770.001

CU.C05.00.000.15770.001

CU.C06.00.000.15770.001

CU.C99.10.000.15001.001

CU.C99.10.000.27001.001

CU.C99.10.000.32001.001

CU.C99.10.000.36001.001

Secretario/a do conselleiro

Secretario/a do secretario xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Art. 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

CU.C02.00.001.15770.036

CU.C02.00.003.15770.009

CU.C04.00.003.15770.012

CU.C05.00.000.15770.012

CU.C99.10.000.15001.055

CU.C99.10.000.27001.036

CU.C99.10.000.32001.035

CU.C99.10.000.36001.042

Sección de Habilitación I

Sección de Habilitación

Sección de Habilitación

Habilitado

Negociado de Habilitación

Negociado de Habilitación

Negociado de Habilitación

Negociado de Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

CU.C02.00.001.15770.016Sección de coordinación.Posto de especial responsabiliade, polas funcións de coordinación en materias que afectan ó Servicio de Obras e Contratación e ó Servicio de Supervisión de Proxectos.

CU.C04.00.000.15770.027Sección de Xestión EconómicaPosto de especial responsabilidade, polas funcións de deseño, elaboración e programación orzamentaria da dirección xeral e pola análise e estudios encamiñados a unha programación orzamentaria continuada en función dos obxectivos e actuacións da dirección xeral.

CU.C05.00.001.15770.005Xefe Unidade de ApoioPosto de especial responsabilidade, polas funcións específicas no eido da xestión orzamentaria, na contratación de tramitación de convenios.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, relativo á aprobación da nova relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Soial e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Nota:

-En bibliotecas, nas prazas que aparecen nas observacións con xornada de mañá ou tarde, inclúen sábados en xornadas de mañá.-Nos museos, as prazas que aparecen con observacións mañá ou tarde, inclúen sábados e domingos.

Novos códigos de formacións específicas

963. Restaurador/a, especialidade de etnografía e materiais orgánicos (R.I.).

964. Restaurador/a, especialidade de arqueoloxía (R.I.).

964. Restaurador/a, especialidade de papel (R.I.).

964. Restaurador/a, especialidade das artes (pintura e escultura) (R.I.).

Observacións

(1) Ocupado por laboral fixo.

(2) Horario especial.

(3) Sen dotar orzamentariamente.

(4) Ocupado por funcionario non pertencente a escala.

(5) Xornada de mañá ou de tarde.

(6) Xornada partida.

(7) A tempo parcial (5h/día=8 meses/ano).

(8) Dispoñibilidade horaria.

(9) A extinguir.

(10) 18 horas semanais.

(11) 12 horas semanais.

(12) 25 horas semanais.

(13) Castro de Viladonga.

(14) Media xornada.